![]()
Queda aberto ata o vindeiro 28 de xuño o prazo de inscrición para a 2ª travesía a nado Camariñas-Muxía que terá lugar o vindeiro
1 de xullo. Os interesados e interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma
championchipnorte.com.
Debido ao éxito de participación do ano pasado, nesta segunda edición ampliouse o número de prazas ata 140 nadadores e nadadoras nados/as no ano 2001 e anteriores.
Neste evento deportivo, organizado polos concellos de Camariñas e Muxía, colaboran Conservas Boya, Federación Galega de Natación, club naútico de Camariñas, Cataventos escola de vela e a EDM Piragüismo Dumbría; e todo o recadado irá destinado a
ONG AIRES a favor dos refuxiados e refuxiadas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Muxía