Aberto o prazo de inscrición para o Carballo Trail Race 2018

06:29 27/12/17

Espectacular perfílase a Carballo Trail Race 2018, unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo que discorrerá por pistas e camiños non asfaltados na súa maior parte ao longo de 30 quilómetros na opción longa e de 10 na curta. O prazo de inscrición está aberto a través de www.carreirasgalegas.com ata o día 29 de xaneiro ou ata completar as 300 prazas dispoñibles.
Tódalas probas sairán o 4 de febreiro da Praia de Razo, na zona habilitada ó efecto, ás 9:30 horas. A meta estará disposta nos seguintes lugares: Trail Longa: Paseo do Anllóns. Trail Curta: Vinculeiro, en Cances. Trail Parellas(Só Longa): Paseo do Anllóns.
Fonte
- Redacción QPC