Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Álex Pombo e Abdoulaye protagonizarán os momentos emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC

Álex Pombo e Abdoulaye protagonizarán os momentos emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC
Abdoulaye e Alex Pombo homenaxeados polo Futbol da Costa Abdoulaye e Alex Pombo serán homenaxeados polo Fútbol da Costa

Continuamos falando da III Gala do Fútbol da Costa-QPC. O vindeiro venres 24 de xuño entregaranse en Mazaricos máis de 25 premios aos mellores e máis comprometidos co noso deporte. Hoxe queremos resaltar cal serán os momentos máis emotivos da Gala, que teñen nome propio.

Este será o segundo ano que a familia do Fútbol da Costa rinda homenaxe ao eterno sorriso de Álex Pombo, porteiro bergantiñán falecido subitamente en marzo de 2015. O Premio ao Mellor Porteiro da Preferente e 1ª levará para sempre o seu nome e, ademais, a camisola do Combinado da Costa coa que xogou, co número 13, non se volverá utilizar. O seu irmán José Ramón estará na Gala para facer entrega do trofeo ao Zamora da 1ª e Pref, que non é outro que David Insua.

Este ano, a Gala terña, lamentablemente, outro inesperado protagonista. A morte de Abdoulaye deixaba consternada a toda a Costa da Morte. Aos seus 15 anos, o mozo senegalés afincado en Muxía falecía este pasado mes de abril. QPC quixo poñerlle o seu nome a un dos Premios ao Fútbol Base, e co consentimento da familia, a que agardamos na Picota, renderémoslle así a nosa pequena homenaxe.

Grandes traxedias que, cando menos, unen un pouco máis a todo o Fútbol da Costa.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios