Amador Vidal e Francis Lema conservan o liderado tras un complicado ralli de Cervera

18:30 11/09/14

Non foi doado pero Amador Vidal e Francis Lema conservan o liderado do Campionato de España de Rallyes de Terra tras unha carreira moi complicada en Cervera. I é que os de Vimianzo romperon un trapecio do Volkswagen Polo Proto Disiclín no terceiro tramo, a pesar do cal conseguiron sumar rematando en 7ª posición.