venres. 15.11.2024
El tiempo

Apem e Aspadex vencen ao vento

Apem e Aspadex vencen ao vento

Segunda semana do curso de Vela realizado por Cataventos Escola de Vela, coas Asociacións Aspadex e Apem. Un achegamento ao mar exemplar aos usuarios destes dous centros.

O pasado martes 25, os novos tripulantes de Apem recibiron unhas sesións teóricas en terra intercalada con vídeos de Vela, dado o forte vento variable. A continuación aprenderon a manexarse coas velas (montaxe e desmonte) en dous barcos de tamaño real utilizados como maquetas, e para terminar se hacercaron á praia de Quenxe, onde realizaron voo con cometas, para deste xeito entender un pouco máis a influencia do vento coas velas.
O día foi favorable e os participantes gozaron dunha xornada máis no mundo da Vela de mans de Marcos Trillo e Noemí Bermudez de Castro.

O mércores tocáballe o turno, como cada semana nestes 3 primeiros meses do ano, aos usuarios de Aspadex. Foi un día perfecto ademais onde os 10 novos tripulantes gozaron plenamente na auga. Dividíronse aos 10 participantes en dous grupos e saíron ao mar en dous embarcacións (O Gamba Negra e Raquero), vento do leste frouxo. A ilusión e as gañas de aprender venceron calquera barreira que puidese existir.

Hai que recordar que este proxecto non se podería realizar sen a colaboración das distintas empresas da zona: Suministros Lar, Labralia, Antelo, Marcos Canosa, Hotel Insua, Ebanistería Sendón S.L, E.S Bazarra, Fuco Corbelle, Hotel O Horreo, As Hortensias, Centro de Audicións Nordés, Madeiras Casais, Cen Cee e Disneria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios