APEM únese ao Circuito de Xadrez gracias aos mozos do Clube Touriñán
13:13 22/11/12
Segue o Club de Xadrez Cabo Touriñán espallando este intelectual deporte por toda a Costa da Morte e dende Muxía. Mentres xa está pensando no Circuito de Xadrez da Costa da Morte, que de feito comeza esta fin de semana co Torneo Apertura na Vila da Barca, os seus pequenos xogadores tiveron tempo para achegarse á botar unha man aos usuarios da Asociación Pro Enfermos Mentais APEM.
Os pequenos membros do Clube estiveron os días 20 e 21 de novembro cos membros de APEM, dando unas charlas sobre xadrez e xogando con eles. Tanto dende APEM como dende o Club Cabo Touriñán valorase a actividade como moi positiva e APEM, a raíz destas xornadas, vai participar no gran circuito.
Que gran xeito de espallar o deporte a todos os niveis.
Novas relacionadas
- En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía.
- O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal.
- O Xadrez volve a Touriñán.
Xadrez na Costa
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Concello de Muxía.