Martes. 15.10.2024
El tiempo

Ara Golis

  • O Sporting Zas, líder e goleador voraz da Liga da Costa, viaxa a Fisterra, onde lle agarda unha dianteira ilustre e imponente.
Outes- COrme-diego lema Outes e Corme volverán enfrontarse noutro dos partidos da xornada- Foto - Diego Lema

Toca unha semana máis dirixir os focos cara unha Liga da Costa que ten comezado como guionizaría Hitchcock: moitas explosións en forma de partidos grandes, que desde xa enganchan ao público. É a visita do líder á fin do mundo o que se pode considerar gran escenario da fin de semana.

Liga da Costa: Se non queda satisfeito, pida que lle devolvan os cartos

Chámaselle Ara Solis (o altar do Sol, en latín), o feudo onde un Fisterra ao alza busca frear a xeira de oito triunfos consecutivos do líder, o Sporting Zas. Pero se collemos os atributos dun e doutro habería que rebautizar o campo, por un día, como o altar do gol. Dun lado, os Bruno, Adrián e Mané. Doutro, os 16 goles que acumula David Blanco, máximo realizador da competición e pode que atacante máis en forma da liga. E iso que no 9-0 ante o Volantes de Baño viu a primeira parte desde o banco. A remozada ilusión no cadro local, a capacidade de superación dun duro golpe nos sportinguistas, e dous dos conxuntos máis equilibrados da Costa prometen un espectáculo polo que paga a pena que calquera seareiro se achegue a Fisterra.

Preferente Autonómica: E chegados a este punto…

Cruzan os seus camiños o Dumbría e o Xallas, quenes tras tres semanas de melloría veñen de ceder en encontros que en teoría non eran da súa liga. Acostumados a verse as caras nos últimos anos, pode que sexa a tempada en que contan con dous conxuntos máis novos. O punto a favor dos visitantes pode ser a maior dulzura de cara á meta contraria.

1ª Autonómica: Os derbis, ese gustazo para o Outes

Terceira semana consecutiva na que o Outes xoga contra un conxunto da Liga da Costa. Nas dúas anteriores compretou a machada con Soneira e Sofán (este a domicilio), o que ademáis curtou unha xeira de cinco semanas sen puntuar. Enfrente terá esta vez a un Corme que ven de fallar contra o colista, e que empeza a ter imperiosa necesidade de puntuar. Do resto dos compromisos dos equipos da Costa, o Soneira viaxa a Lesende, onde lle agarda un cadro cheo de futbolistas coñecidos na Costa da Morte. Difíciles serán os partidos do Malpica, na casa co Bertamiráns B, e a saída do Sofán a Piloño. A visita do Palmeira a Baio presúmese máis sinxela.

3ª Autonómica: Histórico en Arliña

Muxía e Corcubión, dous dos conxuntos con máis tradición da Liga da Costa, protagonizan o gran choque da xornada en Terceira. Os vermellos tentarán repetir as boas sensacións deixadas nas últimas xornadas, e soñar incluso coa candidatura ao título de Liga. Dese choque tentarán sacar partido o Louro, que recibe ao Castrelo, e o Laxe, cunha difícil saída a Nantón.

Fútbol base: Rivais directos para os Dumbrías

O novo líder da Liga Galega Xuvenil busca o éxito con motivo da visita do Escola de Fútbol Lalín, quinto clasificado e con argumentos de bo fútbol. Pola súa banda, é necesaria unha reacción dos cadetes de Huelvis, aínds que Conxo nunca foi unha praza sinxela.

 

Preferente Norte, xornada 13

 

Primeira Autonómica, xornada 11

Segunda Autonómica, xornada 11

Terceira Autonómica, xornada 9

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 11

Dumbría21/11 - 16:00Lalín

Cadete - División de Honra, xornada 11

Conxo21/11 - 16:00Dumbría
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 11

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 11

 

Primeira Cadete, xornada 10

Primeira Infantil, xornada 10

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 7

BenxamínCosta Sur F8, xornada 7

 

Veteranos, 1ª División, xornada 9

Veteranos, 2ª División, xornada 9

 

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios