Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ara Lorenzus

  • Prosegue a tiranía verdillesa na Liga da Costa, despois dun emocionante cara a cara co Fisterra; nas categorías superiores, seguen a manterse tódalas traxectorias.
O Soneira segue sen fallar O Soneira segue sen fallar Empeza a meter medo a traxectoria dun San Lorenzo de Verdillo que, tras asaltar un dos templos máis protexidos da Costa, o fisterrán Ara Solis, manten o seu incontestable dominio no máis alto da Liga de Segunda. Foi unha resistencia con eficacia na definición, e tamén un golpe na moral do cadro local. Está esta SD Fisterra máis verde do que invitaban a pensar os primeiros resultados, como amosan as dúas derrotas consecutivas ante rivais directos. Iso si, en ambos casos con opcións reais de gañar. Unha sensación parecida transmite a robustez do grupo do Ponteceso, a pesares da súa xuventude. Os de Barca foron quen de sacar adiante unha cita difícil en Camariñas, ante un rival case que coetáneo. E no reverso da táboa cómpre darlle a noraboa a Cabana e Volantes de Baño, colistas da Liga e ambos cunha bagaxe de 3-3 nesta semana. No que ás categorías superiores se refire, podería dicirse que a Preferente Autonómica segue a ser un coitus interruptus e a Primeira está a puntito dun orgasmo, polo menos en Vimianzo, e satisfactorio e placentero en case tódolos demáis casos. Na primeira das ligas non nacionais, nin Xallas nin Dumbría perderon, pero nin merecendo gañar chegaron a facelo. E nos dous casos enfronte estaban supostos rivais directos. Pola súa banda, o Soneira de Primeira non se paseou, pero mantivo virxe os seus taboeiros de empates e derrotas, cun triunfo mínimo ante o Agolada. As luces e poucas sombras da xornada deixan unha lectura boísima no fondo: o noso peor clasificado está con catro puntos sobre o descenso e é undécimo. Con só nove equipos, a Terceira Autonómica amosa unha radical diferencia entre a tendencia do Corcubión, por exemplo, e un Lira ao que superou con facilidade a domicilio, ou mesmo un Seaia que tenta competir, pero ao que se lle fan algo longos os choques. Chegou en fútbol base a primeira derrota do Xuvenil de Liga Galega do Dumbría, no sempre difícil campo do Conxo, aínda que non empaña nin un punto o bo arranque dos de Lobelos. Máis ledicia trouxo o Cadete, despois de apabullar ao Santa Mariña e subir ata a sexta posición.

Preferente Norte, xornada 7


Primeira Autonómica, xornada 6

Segunda Autonómica, xornada 6

Terceira Autonómica, xornada 4


Xuvenil - Liga Galega, xornada 5

Conxo 2-1Dumbría

Cadete - División de Honra , xornada 4

Santa Mariña 1-3Dumbría

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 6


Xuvenil - Grupo Norte, xornada 6


Primeira Cadete, xornada 5

Primeira Infantil, xornada 5


AlevínCosta Sur F8, xornada 2

BenxamínCosta Sur F8, xornada 2


Veteranos, 1ª División, xornada 4

Veteranos, 2ª División, xornada 4


Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios