Martes. 08.10.2024
El tiempo

Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas

Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas
Imaxe da Copa Iberica de Slalom Piraguismo 2013

A freguesía cerveirense de Covas, en Portugal, acolle esta fin de semana a primeira competición da tempada: a Copa Iberica de Slalom.
Como xa vai sendo tradicional duns anos para acá, a tempada galega do piragüismo en augas bravas arranca coa Copa Ibérica de Slalom, unha competición organizada por un club galego, o CDM Teixugos, en territorio portugués, concretamente no río Coura o seu paso pola freguesía de Covas.

O percorrido non é excesivamente complicado, pero sí que é un bó punto de inicio para a tempada. Tratase dunha competición peculiar por regulamento (un híbrido entre o portugues e o galego) pero que ten o aliciente de ver competir os mellores clubes de Portugal e Galicia xuntos.

Dumbría con fichaxes

Antia Loira debuta en Covas co Piraguismo Dumbria

En canto os representantes de Dumbría, a maior novidade estará nunha nova incorporación nas filas do mesmo, a palista internacional Antía Loira, que deixa o seu clube de toda a vida, o CPS Valmiñor de Nigrán para tratar de darlle un pulo a súa carreira deportiva no clube dumbries. Hai un acordo entre as dúas entidades do que en vindeiras datas vos daremos todos os detalles.

Por outro lado o retorno ó clube dumbries de Aarón Rey tras o seu paso este verán polo Tea de Mondariz tamén será outra das novedades.

En canto as opcións de medallas dos dumbrieses, se centrarán en dúas palistas principalmente, ante a ausencia de Iago Canosa concentrado en La Seu d´Urgell para esta competición: a xa nomeada Antía Loira, e a carballesa Kiara Martinez, integrada no CGTD de Pontevedra, e que nesta primeira competición terá xa unha referencia para esta tempada.

Outras opcións poderan ser as de Marco Oreiro no C1 xuvenil, ou Jorge Quintáns e Lorena Costa no K1 infantil, Mais complicado vai ser subir ó podium outros palistas coma o xa nomeado Aarón Rey, Javier Trigo ou Laura Antelo, ainda que o incio de tempada os estados de forma dos distintos palistas dan muitas sorpresas.

O alevín Marcos Sánchez tamén acudirá a competición coma abridor.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios