venres. 09.05.2025
El tiempo

As alevíns do Manuela Rial, subcampioas provinciais

As alevíns do Manuela Rial, subcampioas provinciais
Manuela Rial no Provincial de Xadrez As alevíns do Manuela Rial no Provincial de Xadrez

O equipo alevín feminino do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, alcanzou o pasado sábado día 13 de maio o subcampionato provincial de xadrez celebrado no Liceo de Noia. O equipo dirixido por Gurutz Larrañaga e Vinicio Mejuto estaba formado por Lian Branco, Adriana Castiñeira, Marta Vérez, Alba Insua, Antía Lagoa e Daniela Alves.

Todo un éxito para un colexio que apenas creo hai dous anos a escola de xadrez, como actividade escolar. Pero estas bravas ceesas comezaron xa pisando forte e o primeiro ano gañaron este mesmo campionato.

Pola mañá enfrontáronse contra o López Ferreiro de Santiago, vencendo por 3-1. Pola tarde enfrontaríanse ao Xanela da Coruña empatando 2-2. O resultado non puido ser máis axustado xa que as coruñesas impoñeríanse na xeral por un apertado 6-5.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios