As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas
Xornada de descanso para a meirande parte dos equipos do baloncesto costeiro. Só unha xornada en cadetes, e os nosos 3 representantes colleitaron dúas vitorias e unha derrota. As vitorias chegaron ademais das ceenses do ACB e as carballesas do Artai, que a vindeira semana protagonizarán un fermoso e intenso derbi.
Estaremos atentos pois na 2º División Junior Feminino tamén toca derbi, co choque entre o EB Xiria e o ACB.
2ª División Cadete Feminino, xornada 4
- Resultado: OBRADOIRO BASKET – ACB COSTA DA MORTE (33-34)
O único partido que se desputaba esta semana na familia do ACB Costa da Morte desputouse en Coruña e despois dun partido igualadísimo, unha canasta de Carmen na prórroga doulle a vitoria ás do equipo costeiro. Enorme vitoria a domicilio que consolida as ceenses no alto da táboa.
A mala noticia foi a lesión de nocello de Lucía, a máxima anotadora do equipo, con tan mala fortuna que tamén se perde a concentración ca selección galega.
2ª División Cadete Feminina, xornada 4
- Resultado: C.B. ARTAI - C.B. ARTEIXO (74-36)
- C.B. ARTAI: Nuri (8), Emma (8), Sabe, Sara (8), Pau (6), Emi (2), Maria, Lola (30), Sarita (4), Celi (2) e Cayetana (6)
Partido correspondente á cuarta xornada de 2ª división cadete feminino do grupo A2 coruñés xogado na mañá do domingo ante algo menos de medio centenar de persoas. Enfrontábase o equipo carballés a un Arteixo moi físico. As do cole, con máis rotación que as verdes, cimentaron a vitoria final nunha presión a toda pista, que aínda que foi algo ”blandita”, bastou para levarse o partido.
Arteixo aguantou nos primeiros minutos grazas á superioridade física de Carracedo desde o exterior e Naveira por dentro, acabando o primeiro cuarto 12-10. Pero un parcial de 22-4 no segundo cuarto rompeu o partido a favor das locais, aumentando a diferenza considerablemente ata os 38 puntos finais.
2ª División Cadete Feminina, xornada 4
- Resultado: Basquet Coruña Leyma - Carballo Basket Laracha (36-30).
- Carballo Basket Laracha: Irene (9); Ana (6); Iria S. (8); Lara; Zeltia – cinco inicial- Lucía (2); Ainara (3); Iria R. (2) e Aldara. Segundo partido de liga para equipo cadete femenino do Carballo Basket Laracha e primeira derrota da tempada fundamentada nos continuos erros en finalizacións 1×0 e 2×1 tras roubos de balón. O primeiro cuarto comezou co equipo apretando ben en defensa, con bos 1×1 e tapando con éxito as líneas de pase. Sen embargo, esa boa defensa convertíanse en multitude de balóns roubados que non remataban en canasta sinxela ante os erros solas ante canasta e as malas e egoistas decisións en situacións de superioridade. Esta foi a dinámica ó longo dos restantes cuartos, con boas defensas a pesar de algún mal balance defensivo pero con roubos que non remataban en canasta. A isto hai que sumar a pouca movilidade que o equipo mostrou durante todo o encontro en ataque, poucos pases, cortes a canasta andando, etc. A pesar disto, o equipo empeza a interiorizar aspectos ofensivos entrenados cos que se conseguiron obter vantaxes, insuficientes ante o xogo tan lento, a citada pouca movilidade das xogadoras e os constantes erros en situación cercanas a canasta. Chegouse ó último cuarto co marcador empatado a 23, no cal a diminución da intensidade no 1×1 e as malas axudas defensivas que o equipo mostrou neste cuarto, sumado ós erros anteriores, decantaron o partido a favor do equipo local. Bo traballo colectivo en defensa pero moi mal traballo colectivo en ataque onde o equipo debe mostrarse como un verdadeiro equipo e non como un conxunto de individualidades como chegou a demostrar neste encontro.
- 4ª División Senior Masc: IDEFIC IMATIA – ACB COSTA DA MORTE - venres 7/11/14 ás 20:45.
- 2º División Junior Fem: EB XIRIA – ACB COSTA DA MORTE - sábado 08/11/14 ás 18:00.
- 2ª División Junior Masc: BALONCESTO CAMBRE – C.E. CUME CEE - domingo 09/11/14 ás 12:00.
- 2ª División Cadete Fem.: ACB COSTA DA MORTE – CB ARTAI - domingo 09/11/14 ás 17:00.
- 2ª División Infantil Masc: FERROATLANTICA COSTA – CULLEREDO - domingo 09/11/14 19:00.
- Benxamín e Alevín Masculino: RIVEIRA - FERROATLANTICA COSTA - domingo 09/11/14 ás 10:15.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.