Martes. 23.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: C.D. Baíñas

As cores do meu equipo: C.D. Baíñas
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: C.D. Baíñas

Camiseta do CD Bainas O verde é a cor orixinal, e o amarelo a segunda equipación do equipo vimiancés do CD Baíñas Escudo CD Bainas O C.D. Baíñas e un equipo de recente creación, sendo un últimos chegados ao Fútbol da Costa, pero xa formando parte do ADN das nosas ligas. As cores da camiseta do Baíñas teñen a súa orixe no eido escolar. Aló polo ano 2012, os fundadores do club quixeron que as cores do equipo se decidisen a través dun concurso escolar. Os rapaces e rapazas de 6o de Primaria do CEIP de Baíñas participaron, quedando gañador un debuxo coas cores verdes e amarelas como protagonistas.

Novas relacionadas

Comentarios