Domingo. 06.10.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: C.D. Baio

As cores do meu equipo: C.D. Baio
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: C.D. Baio

Camisetas do CD Baio Camisetas do CD Baio Escudo CD Baio A historia da equipacion do Baio, un dos decanos da Liga da Costa, vén xa do ano 1955, cando o equipo xa vai collendo máis ou menos carácter oficial, aínda que a Liga da Costa tardaría case unha década en facelo. A razón das cores branquiazuis foi que naquel entón decidiuse que a equipación tiña que ser similar a do R.C. Deportivo (de aí tamén sae o nome de Club “Deportivo” Baio). Aínda que hai quen conta que a idea dun dos fundadores, Manolo Veloso, era que fose a camiseta azulgrana, pois el era seguidor do Barça, pero cando foi mercalas á Coruña non as había e trouxo as branquiazuis. No ano 1963, os emigrantes baieses na Arxentina mandaron unha completa equipación cun improvisado escudo bordado (e pantalón branco), que dada a falta de recursos económicos da época duraron moitos anos.

Novas relacionadas

Comentarios