Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: S.C.D. Buño

As cores do meu equipo: S.C.D. Buño
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.C.D. Buño

Camiseta branquiazul do SCD Buno Camisetas branquiazuis do SCD Buño Escudo SCD Buño O cadro branquiazul uniuse á Liga da Costa no seu segundo ano de competición. Con anterioridade, en 1960, houbo tamén outro equipo na parroquia malpicá, o Juventud de Buño, que vestía de branco. Pero cando o S.C.D. se fundou os responsable escolleron as cores branquiazuis por analoxía co Real Club Deportivo La Coruña. O escudo foi deseñado por Toñito da Caixa, recollendo a tradición oleira da vila.  

Novas relacionadas

Comentarios