As cores do meu equipo: S.C.R.D. Esteirana

As cores do meu equipo: S.C.R.D. Esteirana


Dúas versións coñece a familia esteirá sobre as súas cores blaugranas. A primeira fala en clave de emigración, e remóntase aos anos 30, cando uns veciños emigrados durante a segunda República, enviaban a casa unha equipación completa do San Lorenzo de Almagro. O equipo, coñecido popularmente en Arxentina como “Ciclón”, dá nome a día de hoxe a un dos equipos do Campionato de Barrios de Esteiro, os Ciclóns do maio, que compiten dende hai máis de 40 anos. Daquela o equipo fóra fundado pola entidade mutualista agraria Protección Social Esteirana. Por outra banda, a obra Manuel Torres Fernández que recolle a historia do equipo, remóntase ata os anos 50, cando o grupo responsable do equipo, que “paraba na Ferraxaría de Joaquín Rama foi comprar a vestimenta a Noia. A única equipación completa que había na tenda, lucía as mesmas cores que as do Barcelona, mais as franxas da camiseta eran máis estreitas. Foi deste xeito como se elixiron unha vez máis as cores definitivas”.