Luns. 24.01.2022
El tiempo

As cores do meu equipo: S.D. Fisterra

As cores do meu equipo: S.D. Fisterra
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.D. Fisterra

Camiseta verde da SD Fisterra Camiseta verde da SD FisterraEscudo e ano fundacion SD Fisterra

Verde mítico o do S.D. Fisterra, un dos equipos fundadores da Liga da Costa. Segundo contan os vellos do lugar (ou os non tan vellos como Manín), as equipacións chegaron tamén da emigración, dende Arxentina. Foi o coñecido como Tío Pancho o que trouxera aquela primeira equipación de camisetas de cor verde, que tiñan unha F (de Fisterra), e que serviron para estrear a Liga da Costa nun choque na Ponte do Porto ante o Porteño.

Disque a cor do mar da fin da terra puido servir de inspiración para que o Tío Pancho escoller o verde como cor para o cadro fisterrán.

 

Novas relacionadas

comentarios