Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: U.C. Cee

As cores do meu equipo: U.C. Cee
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: U.C. Cee

Camisetas do UC Cee Camiseta histórica e actual do UC CeeEscudo e ano de fundacion do UC Cee

Outro dos decanos da Liga da Costa, a historia do club remóntase aos anos 40, cando se fusionaban o Junquera e o Cee F.C. O Cee F.C. tiña camiseta vermellla e o Junquera eran de cor escura.

As primeiras cores do UC Cee xa son as coñecidas de cor azul celeste coa franxa branca atravesando o peito, pantalón branco, e medias azuis e brancas con raias horizontais. Ademais de ser celtistas acérrimos os presidentes e vicepresidentes, eles querían poñer a bandeira galega, o que supuña un claro desafío ao Réxime. Entón o que fixeron cambiaron, e puxeron camiseta azul celeste ca banda branca atravesando o peito.

Cando empezou a Liga da Costa, na tempada 63/64, foron encargar unhas camisetas a unha tenda á Coruña, aos xogadores Veloso, e non había esas cores, e tiveron que traer o azulón. E a partir de aí quedou ese azulón que hoxe coñecemos.

Cando se fundou o equipo feminino si que se mercaron camisetas coa bandeira galega, e despois cando se esixía o segundo equipamento, si que se utilizou a camiseta branca coa franxa celeste.

 

Novas relacionadas

Comentarios