As crónicas máis intensas da última xornada do ano

En pleno Nadal e QPC, cunha política laboral comprometida, está en réxime de semi vacacións. Así que hoxe traeremos as crónicas comprimidas, con só os partidos máis importantes de cada Liga.
Así e todo, se aínda non o fixestes, podedes botar un ollo á completa análise da xornada que realizamos o domingo.
Pref: Xallas Sta Comba - Soneira (2-1)

- XALLAS STA COMBA: David, Rubén Forjan (Darío, min.70), Oscarín, Guille, Pablo, Jota, Jesús (Beiroa, min.60), Orlando, Pablo Baña (Martín, min.69), Doro e Noli (Javi Suárez, min.60).
- SONEIRA: Cheli, Pichi, Iván Cerilla, Michael, Sito, Mayor (Cristian de Cereixo, min.79), Fran de Urroa (Mackay, min.69), Michel, Darío, Cristian Figueroa (Oscar, min.35) e Javi (Toni de Muros, min.69).
- Goles: 1-0, min.63: Doro; 1-1, min.72: Mackaay, de penalti; 2-1, min.92: Iván Cerilla en propia porta.
- Lesión: Cristian Figueroa, cunha frecha no pómulo que requiriu de puntos.
Demasiado premio para o equipo xalleiro nun derbi no que o equipo soneirán mereceu algo máis, sobre todo na segunda metade, na que marrou unha pena máxima e lanzou un balón ao longueiro.
Tras unha primeira metade de moito respecto e co equipo visitante facendo un partido moi táctico de moita presión, apenas houbo ocasións de gol, as chegadas as áreas forn a balón parado. Mayor e Javi tiveron sendos lanzamentos de falta que se foron a rentes dos paus.
Na segunda metade o equipo visitante colleu as rendas, cun equipo moi novo, non se amilanou ante o experimentado combinado xalleiro e púxoo en moitos apretos. No minuto 53, Mayor desproveitaba unha pena máxima por mans, tras o rexeite de David, un dos heroes da vitoria local, o balón vaise a córner, na saída do mesmo, o balón queda franco na frontal para Michel, no disparo o balón vaise ao longueiro, bate na liña de gol e sae. Dez minutos máis tarde unha contra rápida, na que combinan ben Beiroa e Javi Suárez acaba co gol de Doro. Repúxose o Soneira que non lle perdeu a cara o encontro, e pouco despois, de novo por mans, o colexiado sinala penalti. Desta vez, con Mackay xa no campo, o fisterrán encárgase de transformar para empatar. Xa en tempo de desconto, un balón longo acaba co disparo de Javi Suárez, pero co infortunio para Iván que rexeite e acaba marcando o definitivo 2-1.

1ª: Malpica - Fisterra (1-1)

- FISTERRA: Joselu; Robertín, (Guardiola, min.+58), Borja Munitis, Sergio Manín, (Roberto, min.80), Manuel Cartamil, Bebeto, Hugo, Roco, Aitor, Mané, Marco, (Edi, min.73).
- MALPICA: Suso; Martín Uruguaio, Charly, David Castro, Marco, Andrés, Rancaño, Cheo, (Víctor, min.89), Mario Casal, (Neucha, min.71), Ismael, (David Blanco, min.61), Alemán.
- Goles: 0-1, min.5: Cheo de centro chut. 1-1, min.70: Aitor aproveita un roubo de Mané para facer o empate.
- Expulsións: os malpicáns Andrés con dobre amarela (min.13) e o míster David Baña (min.28).
Partido igualado que rematou cun empate que sabe mellor aos fisterráns que aos malpicáns. I é que o cadro de Baña fixo un gran partido, sobre todo en defensa, e non permitiu que a dianteira local fixera moito ano.
Comezaba o Malpica facendo un xogo extraordinario, superando por bandas ao Fisterra e marcando xa aos 5 minutos por medio de Cheo. Puideron chegar máis goles pero Joselu desbaratou un man a man con Mario Casal, e Ismael mandaba un remate ao pao. Pouco a pouco o Fisterra foise desquitando o dominio, sobre todo trala rigosora expulsión do malpicán Andrés, e a través dunha falta de Marco e un remate de Mané avisaba do empate.
A segunda metade seguía co dominio local pero cun Malpica moi ben armado en defensa e sen fisuras. Apenas conseguiron crear perigo os malpicáns e o gol do empate chegou como só podía chegar, nunha xogada na que Mané presiona, e é o caza-goles Aitor o que aproveita un mal pase atrás para asinar o empate.

2ª: Esteirana - Sofán (1-1)

- ESTEIRANA: Beni, Roi, Simon, Dani Rama, Suizo, Pepiño (Uru, min.80), Pablo Serrano, Adelino (Cajulo, min.61), Alex, Roberto Pladur e Kike.
- SOFÁN: Bugy, Carlos Lista, Diego (Marcos Pensado, min.77), Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas (Ivan Rojo, min.59), Abel (Santi, min.70) e Edu (Alberto Pensado, min.70).
- Goles: 0-1, min.85: Lista recolle e remacha un rexeite de Pensado ao longueiro tras un córner; 1-1, min.91: Kike de gran cabezazo.
- Expulsións: Roberto Pladur e Alberto Pensado nunha tangana final.
Partidazo no Xose Luis Vara de Esteiro entre dous dos aspirantes ao ascenso diante de cerca de 200 afeccionados. Ambos equipos empregaronse a fondo, demostraron o porque da sua posicion na taboa, e protagonizaron un choque a cara de can dos que da gusto presenciar.
O partido comezou con demasiado respeto e sen chegadas claras. Alex avisaba para os locais e Eloy respostaba. A SD tiña algo máis o balón e a Esteirana buscaba as súas letais contras. O partido metíase máis e máis duro, e as ocasións seguían chegando pouco a pouco.
O segundo tempo foi de ida e volta, de gran ritmo e intensidade. Kike e Paldur facían moito dano pero a defensa veterana da SD aguantaba. Na área local Michel e Eloy tamén levaban perigo.
E cando o partido xa morría, chegou un final de película de suspense. Faltaban 5 minutos e Lista aproveitaba un rexeite para facer o gol visitante, pero apenas uns minutos despois era Kike Paluca o que asinaba un golazo de cabeza espectacular que puña as táboas. a tensión facíase palpable cunha tangana ao final que remataba con dous expulsados, pero afortunadamente a sangre non foi ao río.

Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Blog do Malpica de Luís E. Porto e o blog do Sofán.