As LCFs celebran 20 anos cunha gran fase final no Conco
Remataron xa as Ligas Comarcais Costa da Morte de Benxamíns e Alevíns de Fútbol Sala. Estas competicións organizadas polo Club Deportivo Costa da Morte, e que este ano cumplñian 20 anos tendo unha maior participación feminina. A verdade é que son pioneiros nisto pois dende os primeiros anos xa competiron nenas.
Así, tras 14 intensas xornadas, xa temos os 4 primeiros de cada grupo, que pasan á fase final, onde optarán a entrar nos campionatos intercomarcais.
En Alevíns, o campión foi o Concello de Muxía, que tivo que pelexar ata o último día con As Baleas polo título. Xunto a eles estarán na fase Manuela Rial e EFB Corcubión.
En Benxamíns, os camariñáns das Baleas non deron tregua aos seus rivais e só perderon un partido. Concello de Fisterra, EFM Vimianzo e EFB Corcubión serán os que estarán na Fase co cadro conserveiro.
Benxamíns do Muxía e do FisoberAsí quedaron as clasificacións finais:
Fase Final
A fase final disputarase o sábado 4 de marzo no pavillón municipal de Dumbría, e aí determinaránse que equipos (unicamente os campións de cada categoría) representarán á nósa comarca na fase intercomarcal de fútbol sala.
Os encontros e os horarios son os seguintes:
- 15:00h: Semifinal Benxamín: As Baleas – EF. Corcubión.
- 15:50h: Semifinal Benxamín: C. Fisterra – EMF. Vimianzo.
- 16:40h: Semifinal Alevín: As Baleas – Manuela Rial.
- 17:20h: Semifinal Alevín: C. Muxía – EF. Corcubión.
- 18:10h: Final Infantil: As Baleas – Manuela Rial.
- 19:00h: Final Benxamín.
- 19:50h: Final Alevín.
- 20:40h: Entrega de trofeos.
Novas relacionadas
- Novembro 2016: As LCFs cumpren 20 anos cunha maior participación feminina.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).