xoves. 01.05.2025
El tiempo

As paisaxes de Mazaricos convirten a BTT nu referente a nivel galego

As paisaxes de Mazaricos convirten a BTT nu referente a nivel galego

Máis de 400 asistentes converten xa a BTT de Mazaricos nunha proba fixa no calendario dos amantes das dúas rodas e o monte. Este pasado domingo, Mazaricos púxose as mellores galas, lucindo un fantástico sol para que cada paisaxe, cada montaña, lucise coma nunca. Os asistentes disfrutaron das vistas do monte da Ruña ou da zona do Aro, verdadeiros tesouros paisaxísticos da nosa bisbarra que xa o ano pasado chamaron a atención.

Chegaron participantes de toda a eografía galega: Viveiro, Lugo, Outes, Santiago, Silleda ou Vigo. Dende o Campo da Picota arrincaron cara o Monte da Ruña, previo paso por Coiro e Figueira, e subindo o Aro, os dous puntos máis elevados do Concello e dos que se pode gozar dunha vista privilexiada da comarca e o encoro da Fervenza.

Paralelamente, as persoas acompañantes puideron facer unha ruta similar en bus para coñecer Mazaricos.

O responsable de deportes do Concello, Nito Estalote, afirmou estar satisfeito porque “non houbo accidentes”. Tamén sinalou que “o que máis lles gustou aos participantes foron as vistas e a boa disposición dos puntos de avituallamiento”. Os ciclistas máis veloces completaron o percorrido nunhas dúas horas. Ao rematar puideron disfrutar de menús especiais nos restaurantes do Concello grazas á colaboración dos hostaleiros do municipio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios