- Á décima estreou o Dumbría o seu contador de triunfos en Preferente, nunha xornada de retorno á normalidade en tódalas categorías.
Imaxe do Corme-Soneira-Foto-Fin Lema
Pode que ata co paso das xornadas se lembre o partido do
Dumbría en Arteixo, onde caeu por 7-0, coma un mal necesario. Polo de pronto, parece ter servido como incentivo moral a un dos dous representantes da zona en Preferente Autonómica.
O sufrido e xusto 1-0 acadado ante o O Val supón a primeira vitoria da tempada, o retorno á tan ansiada fiabilidade defensiva, e sobre todo unha inxección de confianza fronte a un rival directo. Os de José López Canosa xa saben que poden ser colistas, pero de seguro non o peor equipo da categoría. Pola súa banda, a piques estivo o Xallas de pescar en Riveira, nun partido de tolos e con despliegue ofensivo en ambos lados. Aínda que en postos de descenso, os de Santa Comba seguen a deixar novas positivas semana tras semana,
Menos motivos para o optimismo deixou esta vez unha Primeira Autonómica na que
só o Soneira estivo acertado. Os vimianceses líderes nun espectacular man a man co Flavia, non tiveron excesivos apuros no derbi contra un Corme que propuxo, pero que non foi quen de parar o arsenal dun rival con tufillo (no bo sentido) a Preferente. Das decepcións sorprenden especialmente a do Outes na casa contra un Tordoia que non é mellor e a do Malpica na Pedra Queimada co Sigüeiro. Volveron estar mal na creación e finalización os de Chema, que ata o de agora si estaban a deixar boas sensacións na casa.
Na Liga da Costa non hai xa lugar para a perfección no expediente, despois de que o Ponteceso encallase na súa visita a un Cerqueda convertido en oso para os grandes. E se non que llo digan ao Baíñas. Precisamente, os de Vimianzo protagonizaron xunto co San Lorenzo o partido da xornada, no que houbo opcións para os dous. Pasiño a pasiño se instala na cabeza un Sporting Zas que empeza a contar por goleadas os seus encontros e que non tivo problemas en Camariñas. Do resto da xornada, celebra o Volantes o seu primeiro triunfo, tras dúas semanas amagando, e afúndese un Unión Club Cee que, ao contrario que o Dumbría, non rachou coa decepción de sete días atrás.
Outro dominador, aínda que en Terceira, tamén mordeu o polvo esta semana. O Laxe dobregou ao Corcubión no partidazo da xornada, con moito ambiente na comarca de Bergantiños. Aproveitaron o pinchazo Camelle e Monte Louro, perseguidores.
E o notición da xornada chegou en fútbol base, onde o Dumbría de Diego Lobelos é xa líder, despois de desfacerse do Victoria no Conco e confirmar esa sensación de que novamente pode ser un gran ano para os brancos. Menos afortunados estiveron os cadetes co Val Miñor, nunha inesperada derrota.
Crónicas da semana
Máis información
Fonte