Comezamos, por clamor popular e sentido común, recollendo toda a Axenda deportiva da fin de semana. Non só vai ser fútbol, e ademais de traer toda a previa do fútbol costeiro, incluímos a axenda dos partidos de volei, baloncesto, balonmán, fútbol sala, tenis de mesa... e todos os deportes que cubrimos en QPC.
Comezamos, iso si, polo deporte rei, que esta fin de semana do 21 e 22 de xaneiro de 2012 chega completa. Importante a semana na Preferente, na que o Santa Comba terá que encauzar o camiño vencendo ao 2º, o Narón, na vila ferrolá. Ademais, Xallas e Dumbría terán encontros complicados ante equipos da zona media, mentres que o Soneira poderá escalar posicións se vence ao Mugardos na casa, tralo empate da ida, pois xa empeza a ser importante o golaverage individual.
Na 1ª, o Cee, tras coñecer o novo pao no parte de sancións, teráo complicado en Riveira, mentres que o Ponteceso recibe a un Perlío que non se nos dá moi ben.
A Liga da Costa chega cunha xornada sen grandes enforntamentos. O Club do Mar visita o sábado o Novo Cubaleiro no único encontro da categoría adiantado ao sábado. O Camariñas enfrontarase ao Buño e o Fisterra ao Nantón. O Baio-Sofán será un dos encontros máis igualados da xornada.
Na 3ª da Costa, o líder visita o San Pedro de Refoxos para buscar os 3 puntos ante o Pereiriña. Por detrás, Carnota e Outes enfróntanse aos pechacancelas Corcoesto e Camelle, e Coristanco e Montelouro teñen choque stamén contra equipos da zona baixa como son Xaviña e Lira. Un dos encontros máis intersantes será o Volantes-Laxe, que pode devolver aos bergantiñáns á loita pola 6ª praza; sen esquecer o Porteño-Fisterra B e o Cerqueda-Independiente.
Penúltima xornada para as Ligas Xuvenís. Polo sur o encontro da semana será o Santa Comba-Outes que pode decidir quen queda na loita por entrar entre os 4 primeiros. O Soneira, o terceiro equipo en loita, terá que vencer á Esteirana.
Polo norte, o Ponteceso terá a última oportunidade de meterse entre os 4 primeiros no complicado campo do 2º, o Dumbría B. Baio e Camariñas non se poderán despistar e terán que vencer a Corme e Muxía.
Ademais, comezan as finais da liga de fútbol sala “Costa da Morte”.
Liga Autonómica:
- Funeraria Apóstol F.S. - Fisober F.S.F.: 21/01/2012 ás 20:00h no Municipal de Restollal.
Liga Provincia:
- Mabegondo - Concello Ponteceso FSF: sábado 21 de xaneiro ás 17:00 no Pavillón de San Marcos en Abegondo.
O Calvo Xiria enfróntase ao Inzamac Zamora, segundo clasificado na liga, no Pavillón Vila de Noia. Será coma ven sendo habitual ás 18.30 h, o sábado, 21 de xaneiro.
O Conservas Boya será en Camariñas, o sábado 21 ás 18:30 no Pavillón do Areal, contra o Oar da Coruña.
Baloncesto
A xornada baloncestística para o ACB Costa da Morte comezará o sábado ás 11 da mañá cos partidos dos alevíns na Polideportiva Sardiñeira:
Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Moi preto de alí e as 12:00 no pavillón de Cocheras o Oso Polar xogase unha parte moi importante do seu futuro na competición. O partido é contra ADFRO (penúltimo clasificado) que aventaxa nunha sóa vitoria aos da Costa da Morte. O Oso Polar conta para este partido coas baixas de Pais e Santi por motivos laborais.
O Romar Moreira Construcciones (cadete feminino) recibe a visita do Carballo Basquet o sábado ás 18:00 no pavillón Municipal de Cee. Despois de lograr unha importante vitoria na cancha do Calasancias, o equipo local espera seguir coa boa xeira de resultados.
O Ferroatlántica infantil feminino ten un longo desprazamento a As Pontes de García Rodríguez o domingo ás 12 da mañá, co obxectivo de seguir invictas na competición. Pola súa banda o Ferroatlántica infantil masculino recibe a visita do Maristas Coruña, un equipo co que está empatado na clasificación. Semella que vai ser outro partido moi igualado, como o de Arteixo, esperemos que nesta ocasión a sorte estea do lado dos da Costa da Morte. O partido xogarase o domingo ás 17:00 no pavillón Municipal de Cee.
Finalmente sinalar que o partido que tiñan que disputar as xogadoras do ES Bazarra (senior femenino) fronte o Noia, foi aprazado por mor da cantidade de exámenes das xogadoras ceenses.