Venres. 29.03.2024
El tiempo

Anorthonis e Angepón miden as súas forzas para abrir a segunda volta

Anorthonis e Angepón miden as súas forzas para abrir a segunda volta

Dispares, pero normais, os resultados os colleitados a pasada fin de semana polos nosos equipos nas Ligas Galegas de tenis de mesa. Eran encontros correspondentes á última xornada da primeira volta e se ben o Anorthosis vencía ao Oroso Trastes, o Angepon non podía co potente Liceo Sénior.
Ademais na 3ª os equipos soneiráns non puideron sumar.

A segunda volta comeza co derbi entre Anorthosis e Angepón na 2ª e mais entre os dous equipos da 3ª. A xornada se celebrará este venres.

Ademais, volve a poñerse en marcha a 2ª División Nacional femenina, e se desprazarán a Narón 3 xogadoras do clube.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. Xornada 11

  • Oroso Trastes - Anorthosis Vimianzo (1-6)
  • Concello de Zas Angepon - Liceo Senior (2-5).

Coa sua vitoria o Anorthosis afiánzase na 2ª posición, agora cunha vitoria máis que Lalín e Liceo. Ademais non tivo moitos impedimentos para conseguir gañar en Oroso ao último clasificado.

Pola súa banda o Concello de Zas Angepon non tivo moitas opcións ante o Liceo de Noia, pois a pesar de xogar ben, tanto Gonchi, coma Ángel e Stevo, o xogo dos de Noia aínda esta un pouco por encima e ademáis están na loita polo segundo pòsto con Anorthosis. Unha mágoa que o Angepón non puidese botar unha man aos veciños.

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 9

  • Panadería Sigüeiro - Concello de Zas O Pinar (7-0)
  • Cambre Promesas -Concello de Zas P. Tívoli (5-2).

En 3ª xogaban contra os dous primeiros, polo que podemos considerar que entra dentro da normalidade os resultados acadados.

Vindeira xornada

Esta fin de semana empeza a segunda volta e nela enfréntanse os equipos do clube A.D. Anorthosis Vimianzo. Os encontros adiántanse para xogar o venres pola noite, aproveitando o horario de entrenamento.

  • Concello de Zas Angepon - Anorthosis Vimianzo.
  • Concello de Zas P Tívoli - Concello de Zas O Pinar.

2ª División Nacional femenina

Por outra parte o sábado terá o equipo de 2ª División Nacional femenina, o Concello de Zas, a segunda xornada que se celebrará coma a anterior, sistema de concentración, en Narón. Ata alí desprazaranse Laura, Lorena e Ánxela esta última debutará en competición. Esperemos que melloren os resultados da anterior xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas de tenis de mesa

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios