A fin de semana preséntase completa na Costa da Morte. E ademais da Axenda Cutural traemos a completa Axenda Deportiva da fin de semana.
E comezamos polo fútbol, e cun Soneira que intentará sumar en Noia e afundir un pouco máis aos nosos veciños.
En 1ª haberá 3 finais para os nosos, sobre todo a do Xallas ante o Olímpico no que poden alonxar case que definitivamente un dos 7 rivais polo ascenso. Na mesma tesitura atoparase o Dumbría na Coruña ante o Imperátor, mentres que o Cee sufrirá contra un necesitado San Tirso.
Na Liga da Costa o líder enfrontarase a un necesitadísimo Porteño o sábado no Hermanas Patiño. Ademais, o Sofán - Club do Mar prevese moi interesante.
O partido da semana na 3ª enfrontará ao ascendido Nantón contra un Corcubión que se atopa en postos de ascenso. Os dous equipos seguen en loita, un polo título e o outro por cerciorar o seu ascenso, máis cando o inmediato perseguidor, o Coristanco, non fallará ante o pechacancelas.
A xornada na Copa da Costa Xuvenil (as crónicas xa chegaran dende copadacosta.com) chega quente. Dispútase a volta de Oitavos e todos os encontros son igualados, sobre todo o Dumbría-Corme.
Liga Galega:
- Viaxes Amarelle - FIsober: sabado 19 ás 12:00 no Municipal de Vimianzo.
Liga Provincial:
- Fisober B - Boqueixón: domingo 20 ás 11:30 no Municipal de Baiñas (partido aprazado).
- A Fervenza F.S.F. - A Salina Xuventude F.S.F.: sábado 19/03/2011 ás 12:00h no Municipal de Neda.
- Concello de Ponteceso - C.F.S.F. O Pino: sábado 19/03/2011 ás 17:00h no Municipal de Ponteceso
- Fisober F.S.F. "B" - Viaxes Amarelle F.S. (horario por determinar)
Despois do empate logrado o pasado sábado 12 de marzo en Vigo (Vigo Stick Traviesas 11 - C. Patín Xunqueira Cee 11), a próxima xornada terá lugar en Cee:
Club Patín Xunqueira Cee - H.C. Liceo A: sábado 19 de marzo ás 11:00h no Pavillón de Cee.
Volei
Esta fin de semana as xuvenís do Volei Dumbría disputan a fase final da zonal que da dereito a xogar os cruces de ascenso a liga galega. Pola mañá do sábado disputarán as semifinais ante Ames as 12:00h en Bertamiráns; e pola tarde o 3º e 4º posto xogarase as 17:00h e a final as 19:00h.
Ademais, os infantís do Manuela Rial xogaran ante Sta Mª del Mar o domingo 20 as 10:00h e os cadetes do Volei Dumbría as 12:00 h ante Sta Mª del Mar en A Coruña.