luns. 12.05.2025
El tiempo

O soño do Balonmán Camariñas segue en pé

O soño do Balonmán Camariñas segue en pé

Dura derrota do Conservas Boya Balonmán Camariñas na 9ª xornada da Liga de Ascenso na 1ª autonómica (2ª nacional). O Explotaciones do Morrazo vencía no Areal, onde o mal partido os camariñáns non puido ante o prantexamento práctivos dos pontevedreses.

Así e todo, o soño segue en pé. Os de Dioni Quenlle quedan agora na 3ª praza a tan só 1 punto dos Bueu e do propio Explotaciones.

Datos do encontro
  • Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 29 - Bm. Cangas Exp. Mineiras do Morrazo, 33
  • Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Alan (3), Diego Alonso, Felipe (5), Quin (5), Canedo (5), Moncho (3), Salva (2), Caamaño, Catalán (2), José Ramón (2), Xabi (2), Antelo.

O Camariñas perdeu intensidade defensiva e cometeu moitos erros en ataque, fallaron vantaxosos contraataques, regaláronse balóns en erros non forzados e a precipitación de ir detrás no marcador acabou por decantar a vitoria para o lado dos do Morrazo. E a todo esta hai que engadir que os porteiros tampouco tiveron o seu día.

Con todo isto, perdéronse dous puntos e a diferenza de goles perxudica ao Camariñas, xa que alí se gañara de 3.

Non hai que perder a ilusión, posto que o rival non foi nin física nin tecnicamente superior, senón que soubo aguantar e esperar os erros locais, que foron moitos.

Merece ser destacado sobre os demais a Felipe que cos seus lanzamentos mantivo viva a esperanza local. O soño segue en pé, aínda que agora é algo máis dificil.

Vindeira cita

A próxima cita no Rosal, a fin de semana de San José pendente de confirmar día e hora.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.

Comentarios