Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF non pode co Viaxes Amarelle B

O Ponteceso FSF non pode co Viaxes Amarelle B

A atención da fin de semana no fútbol sala feminino costeiro, centrábase no derbi que enfrontaba ao Viaxes Amarelle B e o Concello de Ponteceso FSF. As xalleiras venceron con comodidade por 7-0 ás pontecesáns facendo valer a diferencia na táboa da Liga Provincial Feminina, onde as de Suso Yanes están de 2ª mentres que o equipo de Barca mantense na penúltima praza.

Na mesma liga, o Fisober B caía 3-0 ante o Manureva Talleres Mundo e queda na metade da táboa. Pola súa banda o Sada FSF continúa líder da provincial feminina tras gañar por un exiguo 2-3 ao A Salina Xuventude de Esteiro.

No que atinxe á Liga Autonómica, o Fisober tivo que aprazar o seu encontro ante o Funeraria Apostol.

Liga Provincial

  • Resultado: Viaxes Amarelle B, 7 - Ponteceso FSF, 0
  • Viaxes Amarelle “B” FSF: Cris, Alba, María, Cruz, Laura (cinco inicial), Regi, Ana, Yeye.
  • Concello de Ponteceso FSF: Salome, Cristina, Sonia, Mónica, Silvia (cinco inicial), Tamara, Martina, Marta, Iria, Paula.
  • Goles: 1-0 María (min. 7); 2-0 Cruz (min. 20); 3-0 Regi (min. 21); 4-0 Regi (min. 23); 5-0 Yeye (min. 30); 6-0 Cruz (min. 39); 7-0 Laura (min. 43).

A pesar de que custou o seu adiantarse no marcador, víase que era un partido onde o claro dominador era o Viaxes Amarelle B desde os primeiros minutos cunha gran posesión de balón e chegadas continúas sobre a meta rival, onde a porteira visitante puxo o seu gran de area nos primeiros minutos. Pero tras chegadas tan continúas comezaron a chegar os goles e o conxunto de Suso Yanes non defraudo á súa afección e sumo unha vitoria con goleada ante o equipo pontecesán incluída que lle mantén na segunda posición da liga provincial feminina da Coruña.

María nun alarde de xenialidade toca o balón moi suave directo á portería provocando así o 1-0 no luminoso. O partido estaba encarrilado con este gol, pero aínda que as visitantes optaron por unha presión sobre as locais, estas conseguían chegar con facilidade á meta visitante, pero os goles non daban chegado. Os minutos pasaban e o marcador non se movía, a pesar das numerosas ocasións rivais, por escasos disparos das visitantes sobre a meta defendida por Cris.

Pero os últimos cinco minutos do primeiro tempo foron do Viaxes Amarelle B e xusto a cinco minutos do final unha rápida contra de Cruz conseguía transformar o 2-0 para o Viaxes Amarelle B. Apenas un minuto despois unha nova chegada en 2 para 1 sobre a meta visitante deixaba a Regi soa para marcar a pracer o 3-0. E volvería ser Regi nunha gran xogada de Cruz que tras irse por banda daba un pase ao segundo pau perfecto, onde Regi atopábase para tocar o esférico e subir o 4-0 ao marcador. Con esta ampla vantaxe o filial de Suso Yanes encarrilaba definitivamente o partido para a segunda metade.

Liga Provincial

  • Resultado: MANUREVA, 3 - FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO, 0
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, Andrea, Noelia e Myrella , tamén xogaron Elsa e Olalla.
  • Goles: 1-0 Nerea López, 2-0 Virginia, 3-0 Nerea Castro de penalti.

Partido moi entretido e disputado a tarde do sábado entre o filial de Fisober e Manureva na tarde do sábado no coqueto pavillón de Ponte dos Brozos en Arteixo, no cal a falta de gol que están a amosar nos últimos partidos as visitantes voltou a privalas de sacar algo mellor, ante un equipo veterano e moi perigoso na casa.

Pero a pesares da dificultade do rival o partido comenzou moi ben para as de Fisober xa que en dúas ocasións case consecutivas Myrella atopou a Andrea e deixouna ante a porteira pero non foi quen de superala. Esto encendio as locais que tentaron cambiar o ritmo e dominio do partido. Aínda que colleron o dominio non creaban demasiado perigo. Tentaba Manureva descolocar as visitantes e deixar en vantaxe a Nerea López pero o bó traballo das de Fisober non deixaba conquerilo. Comenzaron as locais a probar a Eva dende lonxe sen apenas perigo. Nunha desas case na única ocasión que na primeira metade se descolocou algo Fisober Nerea López quedouse ante Eva e non errou conseguindo o 1 a cero no minuto 10.

Non desistiu Fisober e continuou ca mesma seriedade. Así tivo unha boa ocasión uns minutos despois cando Ylenia no saque dunha falta vio sóla a Elsa que disparou preto da escadra, a sorte seguía sin sorrir as visitantes. Algunha ocasión para os dous equipos e moita intensidade facían transcurrir a primeira metade.

Aínda que foi nos últimos segundos da primeira metade cando de novo a local Nerea López encaraba a Eva e lle picaba o balón por encima e cando xa se cantaba o gol chegou como un raio Ylenia que enviaba o balón a saque de esquina ante a ledicia das súas compañeiras e deixaba vivo o partido.

A segunda metade seguía co mesmo guión aínda que o Fisober desperezouse algo máis e tentou con máis gañas igualar o resultado. Virginia polas locais e Noelia polas visitantes eran as que gozaban das mellores ocasións pero o resultado non variaba.
Os últimos dez minutos foron de dominio do Fisober, cun querer e non poder, con novas ocasións pero a sorte non quixo que nin siquera nunha ocasión o balón entrara na portería de Manureva. Con ese resultado chegouse o final.

Vindeiras citas

Liga Galega: A próxima semana o Fisober reciben a visita do equipo máis en forma da categoría cunha segunda volta espectacular outro filial o do equipo de División de Prata, Viaxes Amarelle, será o sabado 19 ás 12:00 no Municipal de Vimianzo.

Liga Provincial:
- Fisober B - Boqueixón: domingo 20 ás 11:30 no Municipal de Baiñas (partido aprazado).
- A Fervenza F.S.F. - A Salina Xuventude F.S.F.: sábado 19/03/2011 ás 12:00h no Municipal de Neda.
- Concello de Ponteceso - C.F.S.F. O Pino: sábado 19/03/2011 ás 17:00h no Municipal de Ponteceso
- Fisober F.S.F. "B" - Viaxes Amarelle F.S. (horario por determinar)

Breves fútbol sala e fútbol femenino

O Poio FS da muxiana Nuria Paz derrotaba na casa o Collado Villalba por 5-3 e continúan no máis alto da clasificación.
A vindeira semana visitarán ó CFS Bargas de Toledo.

Ademais, o Orzán de liga nacional femenina conseguia un empate in extremis ante o Olivo de Vigo (1-1). As xogadoras da costa Barca (Muxía), Sara (Camelle) e Hue (Caion) saian de inicio mentras que Alba (Carnota) entraba na segunda parte.
A vindeira semana visitaran ó Friol.

Novas relacionadas

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios