Nova fin de semana de fútbol, xa co parte de sancións enriba da mesa, coa atención centrada na tremendamente interesante 1ª Autonómica a falta de 3 xornadas. Partido clave do Cee, que recibe ao Sada, e se vence, ademais de meterse de novo no allo, faríalle un favor a Xallas e Dumbría. Xalleiros e dumbrieses non poden fallar ante rivais xa descendidos e agardarán un pinchazo do Unión, empatado con eles no liderato, ante un Estudiantil que aínda non está salvado.
Na Liga da Costa poucos focos de atención xa. O Porteño xogará o sábado ante o Club do Mar, para intentar amarrarse a esa 3ª praza por abaixo que lle permitirá soñar cun ascenso do Camariñas que sería doble no concello palilleiro. O Carnota terá unha cita complicada no derbi ante O Pindo.
Ollo ca Copa da Costa, onde o Ponteceso terá que remar e moito ante o Mazaricos. E na Copa Xuvenil o Baio recibirá o venres ao Soneira nunha semi completamente aberta, mentres que o Santa Comba-Corme será case que un trámit tralo 6-2 da ida para os azulóns.
E tamén continúa a Copa de Veteranos, que xa entra en Oitavos con interesantes enfrontamentos como o Bergantiños - San Román.
Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala Base
Este sábado, 16 de abril, dispútase en Noia o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala nas categorías benxamín, alevín e infantil dentro do programa Xogade. Varios son os equipos da bisbarra que participarán no mesmo, unha vez que son os vencedores da Liga Comarcal da Costa da Morte en fútbol sala que rematou no mes de xaneiro. Os equipos de As Baleas e das Escolas Deportivas de Carnota serán os nosos representantes.
O primeiro partido dos carnotáns será as 11:00 h. contra o Noia F.S. no Polideportivo Municipal de Noia.