Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os equipos de fútbol sala feminino da Costa continúan a recta final

Os equipos de fútbol sala feminino da Costa continúan a recta final

Prantou cara o Fisober da Liga Autonómica ao 2º clasificado, o Leis Pontevedra. As de Iván Chans e Fran Toba demostraron que nesta segunda volta están ao nivel das mellores e tan só caeron ante os dous primeiros clasificados.

Pola súa banda, na Provincial, a unha xornada para o final da campaña, se o filial vimiancés descansaba, había derbi costeiro. A Salina Xuventude e ó Concello de Ponteceso F.S.F, empataban no Pavillón Municipal de Esteiro (Muros) nun encontro vibrante e moi igualado.
Ademais, o Viaxes Amarelle B caía no Pino.

Liga Autonómica

  • Resultado: LEIS PONTEVEDRA, 6 – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 4
  • FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Olalla e Ana; tamén xogaron: Alba, Noelia e Myrella.
  • Goles: 1-0: Carmen, 1-1 Myrella, 2-1 Begoña, 2-2 Patri, 3-2 Begoña, 4-2 Elena, 4-3 Patri, 5-3 Elena, 5-4 Noelia, 6-4 Gema.

Partido moi emocionante e de moito ida e volta o disputado na maña do domingo en Pontevedra, no que o Fisober encaixou a segunda derrota da segunda volta, contra o segundo clasificado que dispuxo de xogadoras de División de Prata para o compromiso. Compre recordar que as de Fisober só perderon co primeiro e segundo clasificado nesta volta, nun partido que non podían disputar Andrea, Eva e Barca pero que foron ben suplidas por xogadoras do filial.
As de Leis non querían dilapidar as súas opcións de título e saíron a por todas e xa no minuto 2 se adiantaron no electrónico gracias a un disparo de Carmen, que nun primeiro momento o árbitro non vira que entrara e dou gol a instancias do seu mesa, certo é que cremos que acertou.

Con desvantaxe de saída atopabase o Fisober e Patri tentou igualar pero non pudo. Transcorría a primeira metade con certas imprecisións por ambolos dous conxuntos cando a local Gema dispuña dunha ocasión ante Paula moi segura toda a maña. A cal respondía Alba para as de Fisober sin o éxito apetecido. Case no mesmo minuto 8 un perigoso tiro de Noelía deixaba o rexeite para Elsa que non era quen de superar a Irene.
Logo de varias vantaxes e empates, a tres minutos do final desta vez si Begoña atinaba ca escadra e adiantaba de novo as locais. O Fisober non quería ir en desvantaxe o intermedio e nun roubo de balón de Patri a escasos segundos do fin encarou a porteira local Irene e o seu lanzamento foise lambendo o pau.

Comenzaba a segunda metade cun ataque de Fisober no que Ana en boca de gol vía como unha xogadora local se lle adiantaba no último segundo, pero quedaba doida na acción, ante a preocupación das xogadoras de Fisober dunha posible recaída da lesión de xeonllo da capitana, o final quedouse nun golpe no pé pendente do diagnóstico para saber a gravedade. No saque Patri que fora atender a Ana na anterior xogada non se deu de conta que tiña que devolver o balón e marcou o empate ante a incredulidade das locais que quedaran paradas.
Fisober sabedor que non fora correcta a acción deixouse marcar o 3-2 no saque de centro para devolver as cousas a como deberían estar e conforme o xogo limpo.

Patri enrabietada pola curiosa acción anterior tentou empatar case deseguido pero non acertou. Quen si acertou foi no minuto 3 desta segunda metade a local Elena para poñer con dous goles de vantaxe as súas. Perante uns minutos os dous equipos tomaronse un descanso e deixaronse ir ata que no minuto 8 Patri reducía vantaxes co 4 a 3. Con esta acción espertou Leis que encadeou accións de perigo por parte de Yolanda, Elena e Carmen nos seguintes minutos as cales non conseguiron batir a Paula. Pero a catro do remate do partido unha xogada de paredes e combinacións de todas as xogadoras de Leis deixou que Elena marcase a pracer.

Non se rendeu Fisober e creou perigo cun disparo de Noelia o cal no toma e daca que foi todo o partido a local Andrea Curra respostou tamén sin éxito. A un minuto e corenta segundos para o fin do partido dispuña Fisober dun dobre penalti que Noelia transformaba para poñer o apretado 5 a 4.
De novo emoción e ante a presión visitante as de Leis trenzaban unha xogada que Gema erraba insospeitadamente. Apretaban as visitantes con máis corazón que cabeza e a 15 segundos do fin Gema arranxaba nunha contra cun dereitazo incrible o erro anterior e certificaba a victoria de Leis por 6 a 4.

Liga Pronvincial

  • Resultado: A Salina Xuventude, 1 - Concello de Ponteceso FSF, 1
  • A SALINA XUVENTUDE.- Maruxa, Inés, Mª del Carmen, Leticia e Sandra (cinco inicial). Tamén xogou María, Uxía, Mª Mercedes e Alicia.
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Cris Santos, Sonia, Christine e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Martina, Tamara e Silvia.
  • GOLES: 0-1: Cris Santos; 1-1: Leticia.

Vibrante partido o visto no municipal de Esteiro este sábado, partido con constantes ocasións en ambalas dúas porterías e en donde as xogadoras máis destacadas foron as dúas porteiras, Maruxa e Salomé, que tiveron moitas e moi boas intervencións durante todo o partido. Sorprendíu o Concello de Ponteceso F.S.F nos primeiros minutos cunha defensa moi forte e con bós contragolpes, nun deles Cris Santos adelantaría ás Pontecesáns o culminar unha boa contra levada por Sonia.

Ás pontecesáns, con tres cambios únicamente neste partido, acusaron que Carmen, a máxima goleadora do equipo e unha das xogadoras máis importantes, se lesionara nos primeiros minutos de xogo, pero aínda así, intensificouse na faceta defensiva e cando roubaban balón saían en contras moi perigosas, nas cales Cris Santos de novo, Chis e Martina estiveron apunto de aumentar á renda. As xogadoras de A Salina, intentaron de varias formas empatalo partido, pero cando non era a boa defensa pontecesán, era Salomé que estivo espectacular neste primeira parte salvando en varias ocasións ó equipo visitante.

Nunha desas numerosas ocasións que tiveron as muradáns, na parte final deste primeiro tempo, chegou ó empate nun pase largo de Maruxa por detrás da defensa Pontecesán que controla leticia e bate a Salomé no un contra un. Con este resultado chegaríase ó descanso do partido.

Comenzou a segunda parte polos mesmos derroteros que finalizou á primeira, con varias ocasións alternas para ámbolos dous conxuntos e coas dúas porteiras como as máis destacadas. Nesta parte as defensas dos dous equipos foron superiores as dianteiras, e souberon cortar casi todas as accións defensivas. Nesta parte Cris Santos, Martina, e Sonia, tiveron ocasións claras para adiantarse no marcador.
O partido estivo moi vibrante ata ó pitido final, a falta de 50 segundos as Pontecesáns estiveron a punto de adiantarse no marcador nunha xogada ensaiada de saque de banda e a falta de 12 segundos ás muradáns tamén estiveron a punto de marcar nun saque de esquina.

Co reparto de puntos rematou un partido que non deixou contentos nin ó equipo local nin ó visitante, calquera dos dous equipos merecía a victoria por todo o exposto no terreo de xogo.

Liga Provincial

  • Resultado: CFSF O Pino, 2 - Viaxes Amarelle B, 1
  • Viaxes Amarelle "B" FSF: Cris, Alba, Laura Paz, María, Cruz (cinco inicial), Xulia, Regi, Laura, Anita, Yeye.
  • Goles: 1-0 Laura (min. 35); 1-1 Cruz (min. 42); 2-1 Cecilia (min. 48).

O conxunto de Suso Yanes non foi capaz de cultivar unha vitoria e tívose que conformar cunha derrota, que podemos cualificar de inxusta. De todos os xeitos a tamén derrota do Sobrado Xuventude, permite ao Viaxes Amarelle B manterse na segunda posición da xeneral, na xornada na que o Sada FSF consagrouse como campión de liga tras sumar unha vitoria ante o Boqueixón. Na última xornada Viaxes Amarelle B e Sobrado Xuventude decidirán o segundo e terceiro posto en duelo directo.

Vindeira cita

Liga Autonómica

  • Fisober F.S.F. - Concello de Mos F.S.F.

Liga Provincial

  • Fisober F.S.F. "B" - A.R.C. Femiordes; venres 15/04/2011 ás 21:30 no Municipal de Vimianzo (encontro aprazado desta xornada).
  • Fisober F.S.F. "B" - A Salina Xuventude F.S.F.
  • Concello de Ponteceso - Espartanas F.S.: sábado 16/04/2011ás 17:00h no Municipal de Ponteceso.
  • Viaxes Amarelle F.S. B - Sobrado Xuv. Pan. Vázquez.

Breves fútbol sala e fútbol femenino

Fútbol Sala División de prata

O Poio FS da muxiana Nuria Paz caia derrotado por 2-3 na casa ante o Unami CP segoviano e perde así o liderato que lle daría opción a xogar a fase de ascenso a División de Honra. O equipo pontevedrés ten agora 44 puntos os mesmos que o seu próximo rival o Leganés e tres menos co Majadahonda, actual líder.
A vindeira semana recibirán o Leganés ás 18:30 en Poio.

Fútbol 11 Liga Nacional

Elenita e Barca, con dous goles cada unha, guían a Orzán á vitoria. Partidazo do Orzán no campo do Mareo. Conscientes do obxectivo logrado da permanencia, as de Manu Sánchez despregaron o seu mellor fútbol nunha dos berces do balompé español. Elenita e Barca, con dous tantos cada unha, guiaron ao equipo coruñés ao triunfo (1-4).

Desde o primeiro minuto quedaron patentes as intencións dunhas e outras cun fútbol imaxinativo e dinámico por parte das aurinegras ante o que as mozas do Mareo só podían facer oposición con continuas faltas rozando os límites da deportividade.

Un magnífico pase de Eva ao espazo é recollido por Elenita que eleva ante a saída de Rocío baténdoa pola escuadra. Sen tempo para reaccionar, outro bo balón de Barca é aproveitado pola propia Elenita para anticiparse á meta rival ante a pasividade das centrais asturianas. Acto seguido, outra boa combinación entre Sara e Barca deixou a habilidosa media punta muxiana soa ante Rocío, á que volveu bater de bonita vaselina.

Tras o descanso o guión non variou o mais mínimo e o Orzán continuou desarbolando unha e outra vez ás terceiras na táboa, que non atopaban a forma de parar a perfecta maquinaria coruñesa baixo a batuta de Barca, que tiña reservado para os presentes a guinda a tal pastel co cuarto gol coruñés. Tras unha gran xogada persoal de Elenita, a xogadora con sangue da costa volvíase a plantar soa ante a meta Rocío e cunha tranquilidade asombrosa aguantou ata o último momento a saída da porteira para colocarlle o balón por arriba.

Nos últimos instantes, outra boa internada de Elenita e unha boa xogada persoal de Sofía puideron aumentar o marcador pero foron as asturianas as que fixeron o gol da honra tras un córner desde a dereita.

Máis información

Novas relacionadas

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios