mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda Deportiva da fin de semana

Axenda Deportiva da fin de semana
Nova fin de semana de fútbol, xa co parte de sancións enriba da mesa, coa atención centrada na tremendamente interesante 1ª Autonómica a falta de 3 xornadas. Partido clave do Cee, que recibe ao Sada, e se vence, ademais de meterse de novo no allo, faríalle un favor a Xallas e Dumbría. Xalleiros e dumbrieses non poden fallar ante rivais xa descendidos e agardarán un pinchazo do Unión, empatado con eles no liderato, ante un Estudiantil que aínda non está salvado. Na Liga da Costa poucos focos de atención xa. O Porteño xogará o sábado ante o Club do Mar, para intentar amarrarse a esa 3ª praza por abaixo que lle permitirá soñar cun ascenso do Camariñas que sería doble no concello palilleiro. O Carnota terá unha cita complicada no derbi ante O Pindo. Ollo ca Copa da Costa, onde o Ponteceso terá que remar e moito ante o Mazaricos. E na Copa Xuvenil o Baio recibirá o venres ao Soneira nunha semi completamente aberta, mentres que o Santa Comba-Corme será case que un trámit tralo 6-2 da ida para os azulóns. E tamén continúa a Copa de Veteranos, que xa entra en Oitavos con interesantes enfrontamentos como o Bergantiños - San Román.

Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala Base

Este sábado, 16 de abril, dispútase en Noia o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala nas categorías benxamín, alevín e infantil dentro do programa Xogade. Varios son os equipos da bisbarra que participarán no mesmo, unha vez que son os vencedores da Liga Comarcal da Costa da Morte en fútbol sala que rematou no mes de xaneiro. Os equipos de As Baleas e das Escolas Deportivas de Carnota serán os nosos representantes. O primeiro partido dos carnotáns será as 11:00 h. contra o Noia F.S. no Polideportivo Municipal de Noia.

Preferente, xornada 36

Betanzos 17/04 - 17:00 Soneira

1ª Autonómica, xornada 32

Atl. Arteixo 16/04 - 18:30 Zas
Cee 17/04 - 17:00 Sada
Xallas 17/04 - 17:00 Cambre
Calo 17/04 - 17:00 Dumbría

2ª Autonómica, xornada 32

Porteño 16/04 - 17:00 Club do Mar
Dumbría B 17/04 - 17:00 Sofán
Vimianzo 17/04 - 17:00 Corme
Buño 17/04 - 17:00 Muros
O Pindo 17/04 - 17:00 Carnota
Fisterra 17/04 - 17:00 Camariñas
Esteirana 17/04 - 17:00 Castriz
Malpica 17/04 - 17:00 Ponteceso
San Lorenzo 17/04 - 17:00 Baio

Copa da Costa, Ida da Previa

1-1 Malpica - Alcaián --
0-0 Baio - Muros 18:0h
0-1 Ponteceso - Mazaricos --

Copa da Costa Xuvenil, volta das semifinais

Liga Galega Cadete, xornada 29

Victoria B 16/04 - 12:15 Bergantiños
Santa Comba 16/04 - 17:00 Campus Stelae

Segunda cadete, xornada 28

Baio 16/04 - 10:30 Coristanco
Fisterra 16/04 - 10:30 Cabana
Dumbría 16/04 - 10:30 Outes
Corme 16/04 - 10:30 Muros
Esteirana 16/04 - 10:30 Soneira
Con. de Carnota 16/04 - 10:30 Bergantiños B
Malpica 16/04 - 10:30 Cee

Copa da Costa de Veteranos

Balonmán, a un paso da Fase de AscensoFútbol Sala

  • Bueu Atl. - Balonmán Camariñas Conservas Boya: sábado 16/04/2011 ás 18:30h.

Liga Autonómica
  • Fisober F.S.F. - Concello de Mos F.S.F.: sábado ás 17:00 en Muxía.
Liga Provincial
  • Fisober F.S.F. "B" - A.R.C. Femiordes; venres 15/04/2011 ás 21:30 no Municipal de Vimianzo (encontro aprazado desta xornada).
  • Fisober F.S.F. "B" - A Salina Xuventude F.S.F.: sábado ás 11:30 en Muxía.
  • Concello de Ponteceso - Espartanas F.S.: sábado 16/04/2011ás 17:00h no Municipal de Ponteceso.
  • Viaxes Amarelle F.S. B - Sobrado Xuv. Pan. Vázquez.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios