Axenda deportiva da fin de semana

Nova fin de semana completa de deporte na Costa da Morte. O balonmán centra a atención, pero comezamos polo fútbol, como non. E con sesión doble ademais, pois o sábado haberá Copa, e para o domingo queda a Liga.

Momento histórico na 1ª Autonómica

Esta fin de semana rematan as 1ª e 2ª Autonómica, mentres que ao Soneira aínda lle quedarán dúas semanas máis de competición. E se ben a Liga da Costa está completamente sentenciada, a xornada na 1ª Autonómica será de infarto. Soñan en Dumbría e Santa Comba coa celebración do ascenso, para o que ambos conxuntos dependen de si mesmos. O Xallas recibe ao Lamela e o Dumbría ao Cambre, así que agardemos que o domingo teñamos boas novas.

Copa Xuvenil

A atención tamén se centrará na volta da Final de Copa Xuvenil, onde o Soneira buscará unha complicada remontada ante o potentísimo Corme. Os de Suso da Torriña terá traballo arreo porque para o domingo quédanlle 2 partidos, a Copa de maiores e a derradeira xornada da Liga da Costa.

Fútbol solidario

Ademais, o noso fútbol demostra a súa soildariedade. I é que encontro da Liga da Costa entre Baio e Ponteceso do domingo 8 de maio, ás 17:00 horas, no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio, vai ter índole solidaria.
Parte da recadación que se obteña pola venda de entradas para este partido vai ser a beneficio da Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, entidade que é membro directo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacide).
Tamén, durante o transcurso do partido de fútbol sortearase un agasallo artesanal realizado polos propios usuarios do centro ocupacional e centro de día que ten Íntegro en Nantón. O saque de honra vai ser realizado pola Secretaria da entidade, Anabel Castiñeiras.

Preferente, xornada 40

Galicia Mugardos08/05 - 17:30 Soneira

1ª Autonómica, xornada 34

Atl. Arteixo 08/05 - 17:00 Cee
Estudiantil 08/05 - 17:00 Zas
Xallas 08/05 - 17:00 Lamela
Dumbría 08/05 - 17:00 Cambre

2ª Autonómica, xornada 34

Porteño 08/05 - 16:30 Corme
Vimianzo 08/05 - 17:00 Dumbría B
Buño 08/05 - 17:00 Sofán
O Pindo 08/05 - 17:00 Muros
Fisterra 08/05 - 17:00 Club do Mar
Esteirana 08/05 - 17:00 Carnota
Malpica 08/05 - 17:00 Camariñas
San Lorenzo 08/05 - 17:00 Castriz
Baio 08/05 - 17:00 Ponteceso

Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Copa Xuveni, volta da Final

1-3Soneira - CormeSáb. 16:05h

Copa de Veteranos, Ida Cuartos

Fútbol Sala

Esta fin de semana celebrarase o “XXIV Copa Maratón de Fútbol Sala Sénior Concello de Cee 2011″..

Balonmán

Cita histórica no Pavillón do Areal ao longo da fin de semana coa Fase de ascenso á División de Honra Prata. O Balonmán Camariñas debutará o venres ás 20:30h ante o Universidad de La Laguna, e xogará tamén o sábado ás 19:00h e o domingo ás 12:30h o encontro decisivo contra o Salamanca.

Ralli da Ulloa

QPC Motor estará no Ralli da Ulloa.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).