Cae o Soneira 3 meses despois

Actualidade costeira na 3ª
Esta fin de semana hai novas da 3ª relacionadas coa Costa. I é que os nosos veciños do Cerceda se proclamaron campións tras vencer 0-2 ao Santa Comba. O Cerceda conta ademais nas súas filas cos fisterráns Noé, Luisito e Aitor Díaz, ademais do camariñán Juan Cabrejo. O resultado é moi malo para os de Santa Comba que quedan nunha situación moi comprometida e a piques de descender.
Pola contra, o que si sumou unha vitoria importantísima para evitar o descenso foi o Bergantiños, que vencía 0-2 ao Estradense e xa saca 5 puntos ao posto de promoción de descenso.
Soneira - Falvia (0-1)

- SONEIRA: Fran, Darío (Fran de Urroa, min.65), Pablo, Víctor Vecino, Miguel (Ferreiro, min.55), Roberto, Víctor García (Santi, min.55), Míchel, Mario Toja, Jorge (Quique, min.57) e Vituco.
- Gol: 0-1, min.50.
- Expulsións: Os locais Vecino (min.64) e Miguel (min.94) ambos por dobre cartón amarelo, o segundo de Miguel cando estaba xa no banco e por protestar.

Partido con pouca intensidade e no que os locais acusaron o partido de copa xogado onte. O equipo de Manolito tampouco mereceu perder, pois os de Padrón marcaron nunha das poucas aproximacións que fixeron a área contraria.
A primeira metade apenas tivo ocasións de gol, os visitantes empregáronse moito en defensa sen deixar circular o balón aos vimianceses que tiña que recurrir moitas veces a balóns en longo para sacudirse da presión.
Tralo descanso un tiro raso a rentes do pau dende a frontal da área supuxo o único gol do encontro e uns minutos de incertidume dos soneirás que pasaron algun apuro. Sería a raíz da expulsión de Vecino cando, paradóxicamente, aumentaron a intensidade e xunto que os visitantes deron un paso atrás para defender os tres puntos que o Soneira tivo unhas cantas ocasións de gol e base de faltas laterais e córners buscaron a igualada. Yago cun tiro nunha boa posición e Quique a rentes do final puideron subir o empate, resultado máis xusto, pero ao final 3 puntos vitais para o Flavia que ve máis preto a salvación.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga: Plan Perverso.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).