Axenda deportiva da fin de semana

Nova fin de semana completa de deporte na Costa da Morte. O balonmán centra a atención, pero comezamos polo fútbol, como non. E con sesión doble ademais, pois o sábado haberá Copa, e para o domingo queda a Liga.
Momento histórico na 1ª Autonómica

Esta fin de semana rematan as 1ª e 2ª Autonómica, mentres que ao Soneira aínda lle quedarán dúas semanas máis de competición. E se ben a Liga da Costa está completamente sentenciada, a xornada na 1ª Autonómica será de infarto. Soñan en Dumbría e Santa Comba coa celebración do ascenso, para o que ambos conxuntos dependen de si mesmos. O Xallas recibe ao Lamela e o Dumbría ao Cambre, así que agardemos que o domingo teñamos boas novas.
Copa Xuvenil
A atención tamén se centrará na volta da Final de Copa Xuvenil, onde o Soneira buscará unha complicada remontada ante o potentísimo Corme. Os de Suso da Torriña terá traballo arreo porque para o domingo quédanlle 2 partidos, a Copa de maiores e a derradeira xornada da Liga da Costa.
Fútbol solidario
Ademais, o noso fútbol demostra a súa soildariedade. I é que encontro da Liga da Costa entre Baio e Ponteceso do domingo 8 de maio, ás 17:00 horas, no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio, vai ter índole solidaria.
Parte da recadación que se obteña pola venda de entradas para este partido vai ser a beneficio da Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, entidade que é membro directo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacide).
Tamén, durante o transcurso do partido de fútbol sortearase un agasallo artesanal realizado polos propios usuarios do centro ocupacional e centro de día que ten Íntegro en Nantón. O saque de honra vai ser realizado pola Secretaria da entidade, Anabel Castiñeiras.
Preferente, xornada 40
Galicia Mugardos | 08/05 - 17:30 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 34
Atl. Arteixo | 08/05 - 17:00 | Cee |
Estudiantil | 08/05 - 17:00 | Zas |
Xallas | 08/05 - 17:00 | Lamela |
Dumbría | 08/05 - 17:00 | Cambre |
2ª Autonómica, xornada 34
Porteño | 08/05 - 16:30 | Corme |
Vimianzo | 08/05 - 17:00 | Dumbría B |
Buño | 08/05 - 17:00 | Sofán |
O Pindo | 08/05 - 17:00 | Muros |
Fisterra | 08/05 - 17:00 | Club do Mar |
Esteirana | 08/05 - 17:00 | Carnota |
Malpica | 08/05 - 17:00 | Camariñas |
San Lorenzo | 08/05 - 17:00 | Castriz |
Baio | 08/05 - 17:00 | Ponteceso |
Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Copa Xuveni, volta da Final
1-3 | Soneira - Corme | Sáb. 16:05h |
Copa de Veteranos, Ida Cuartos

Fútbol Sala
Esta fin de semana celebrarase o “XXIV Copa Maratón de Fútbol Sala Sénior Concello de Cee 2011″..
Balonmán
Cita histórica no Pavillón do Areal ao longo da fin de semana coa Fase de ascenso á División de Honra Prata. O Balonmán Camariñas debutará o venres ás 20:30h ante o Universidad de La Laguna, e xogará tamén o sábado ás 19:00h e o domingo ás 12:30h o encontro decisivo contra o Salamanca.
Ralli da Ulloa
QPC Motor estará no Ralli da Ulloa.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Moitas partidos e poucas sancións.
- 2ª Autonómica: O Porteño descende e o Carnota “tifará” co Camariñas.
- 1ª Autonómica: O Xallas dá un paso de xigante.
- Preferente: Cae o Soneira 3 meses despois.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga: Plan Perverso.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).