Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Xallas dá un paso de xigante

1ª Autonómica: O Xallas dá un paso de xigante

A piques de ser campión está o Xallas logo da súa complicada vitoria en Pontedeume. Cun punto na derradeira xornada bastaríalle para ser campións pois ten o golaverage a favor co Unión.

O que terá que sumar os 3 puntos si ou si será o Dumbría, que aínda depende de si mesmo para entrar no ascenso. I é que de Canosa non puideron pasar do empate ante un duro Cee. Con todo, os dumbrieses esperan que a vindeira semana o Cambre non sexa rival no Conco.

Actualidade costeira na 3ª

Esta fin de semana hai novas da 3ª relacionadas coa Costa. I é que os nosos veciños do Cerceda se proclamaron campións tras vencer 0-2 ao Santa Comba. O Cerceda conta ademais nas súas filas cos fisterráns Noé, Luisito e Aitor Díaz, ademais do camariñán Juan Cabrejo. O resultado é moi malo para os de Santa Comba que quedan nunha situación moi comprometida e a piques de descender.

Pola contra, o que si sumou unha vitoria importantísima para evitar o descenso foi o Bergantiños, que vencía 0-2 ao Estradense e xa saca 5 puntos ao posto de promoción de descenso.

Eume - Xallas (1-2)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Iván, Pika, Álvaro, Ricardo (Brais, min.82), Rubén (Pereiro, min.93), Jesús, Adrián Beiroa, Toni, Roberto (Leo, min.46).
  • Goles: 1-0, min.12; 1-1, min.48: Adrián Beiroa remachando un centro de Rubén; 1-2, min.85: Adrián Beiroa, de penalti.

Preto de 70 persoas viaxaron co equipo para animalo. E costou e moito levar o partido do pequeno e terroso campo de Pontedeume. Os locais buscaron balóns aéreos, un xogo que non lle senta nada ben aos xalleiros, buscando sempre un encontro bronco. Desta volta, as decisións arbitrais foron aliadas dos nosos.

E iso que se adiantou o equipo local aos 12 minutos. Pero pronto reaccionaron os de Iván Cancela, que puideron empatar nunha boa xogada de Ricardo. O marcador non se moveu nos primeiros 45 minutos.

Saíu moito mellor o equipo xalleiro tralo descaso, e Adrián Beiroa marcaba de contado remachando unha gran xogada de Rubén Forján pola banda. Seguíu apretando pero non chegaba o tanto a pesar das ocasións do propio Beiroa e de Toni. Foi unha decisión arbitral a que deu o partido ao Xallas, cando unha man na área local foi sinalada como penalti polo colexiado. Beiroa non fallou e dá 3 puntos e un ascenso aos verdes. Pola contra, o árbitro tamén anulou un tanto visitante por suposto fóra de xogo. Pero semella que desta volta o Xallas tivo algo de sorte co silbato.

Cee - Dumbría (1-1)

  • Cee: Parroto, Rubén Fiuza, Rafa, Sergio, Jorgito, Ángel, Rivi, Chapu, Moncho (Alex, min.69), Fernandito, Luilli (Llanero, min.78)
  • Dumbría: Juan Purrúa, Ivan Pequeño, Pablo Serrano, Pablo Conde, Suso (Chula, min.46), Schuster (Marco, min.46), Aaron, Brais (Maakay, min.46), Eloy (Isma, min.70), Iago, Piri.
  • Goles: 0-1, min.4: Ivan Pequeño; 1-1, min.15: Luilli.

Partido duro no San Pedro de Refoxos no que o Cee non deu facilidades aos seus amigos do Dumbría para acadar o ascenso. Os dumbrieses chegaban máis frescos xa que a Copa está a ser disputada polo equipo B, mentres que moitos dos ceenses xogaron o sábado o intenso encontro ante o Ponteceso.

Iván Pequeño adiantaría aos seus nada máis comezar. Pero reaccionou rápido o equipo de Pato e aos 15 minutos Luilli xa acadara o empate. A partir de aí moita igualdade, moito xogo no medio campo e pouca profundidade.

Zas - Perlío (1-9)

  • Zas: Miguel, Moreira (Ismael min.58), Amado, Jose, Dani, Jorge, Churián, Javier, Diego, Luis de La Peña, Javi Suárez (Mario min.77).
  • Goles: 0-1, min.25; 0-2, min.30; 0-3, min.35; 0-4, min.43; 0-5, min.50; 1-5, min.60: Ismael; 1-6, min.70; 1-7, min.75; 1-8, min.80; 1-9, min.85.

Poucos efectivos e cansos trala Copa, polo que nun encontro onde ningún dos dous equipos se xogaba nada, a goleada foi o de menos, aínda que seguro que algo doe.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Ola Ubaldo: envíoche fotos do Nantón – Pindo. Dúas delas son as paradas de Martín a sendos penaltis tirados polos do Pindo. (Dende o meu punto de vista os penaltis foron canto menos moi rigurosos). Outra é un paradón do porteiro do Pindo a tiro de Amado e as outras son xogadas sen trascendencia. Tamén ai unha da copa da liga que nos entregaron antes do partido. Saúdos.

Comentarios