Sábado. 18.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Porteño descende e o Carnota "tifará" co Camariñas

2ª Autonómica: O Porteño descende e o Carnota "tifará" co Camariñas

Tras ollar as crónicas da Copa, destacamos que a parte baixa era a que mantiña o interese na Liga da Costa. Pero xa queda pouco unha vez que o Baio conseguía unha vitoria clara en Dumbría e salvaba calquera perigo. A noite baiesa foi completa...

Ademais, o Carnota tamén vencía e aproveitaba a derrota do Porteño en Muros para deixar a parte baixa definitivamente lista. Será o Porteño o que descenda e o Carnota o que tife co Camariñas na fase de ascenso. I é que o ascenso do Camariñas valería ademais a permanencia do Carnota.

Muros - Porteño (5-2)

  • Muros: Lupi, Gael (Javi de Vístete, min.84), Iván Cerilla (Bernardo, min.80), Teo, Mayuyo, Dani Corniños, Gelo (Manu Dosil, min.20), Gabo (David, min.60), Sexo, Toni, Miguel Riveiro.
  • Porteño: Asiel, Brais, Óscar, Manuel, Pejo (Martín, min.61), Quilmes, Iván Chans, Iago Martínez (Rubén, min.46), Cousillas, Adrián (Iago, min.66) e Ismael.
  • Goles: 0-1, min.20: Ismael; 0-2, min.30: Cousillas; 1-2, min.35: Miguel Riveiro de falta; 2-2, min.55: Mayuyo; 3-2, min.65: Teo; 4-2, min.70: Mayuyo.
  • Expulsión: Teo, do Muros (min.80).

Sentenciou o Muros o descenso do Porteño. E iso que os da Ponte comezaron moito mellor e aproveitaron a relaxación do equipo local. Pero a execución das xogadas a balón parado do equipo muradán foi tremenda. 4 tantos en estrateixa o demostran.

Carnota - Fisterra (5-3)

  • Carnota: Peipo, Nico, David Brea, Adrián, Pedro, Tono da Caixa, Manuel Luis (Andrés min.46), Oliver (Manolo Chouza min.46), Casti, Demetrio, Pumuky (David Castreje min.70) (Gabri min.75).
  • Fisterra: Joselu (Crivi, min.76), Juan, Tati, Piti, Gonzalo, Rodrigo, Cristian Hidalgo, Dudo, Roco (Noé, min.65), Bruno, Manoliño.
  • Goles: 0-1 min.35: Manoliño, de penalti. 1-1 min.50: Casti. 2-1 min.75: Casti. 2-2 min.78: Manoliño. 2-3 min.80: Dudo. 3-3 min.80: Casti. 4-3 min.85: Pedro. 5-3 min.87: Casti.
  • Expulsión: os locais Peipo e Demetrio na xogada do penalti no min.35.

Costou pero o Carnota conseguíu unha vitoria que o safa do descenso directo. Agora iso si, terá que facerse siareiro do Camariñas na Fase de Ascenso para que consiga un ascenso que valerá tamén unha permanencia.

E iso que o Carnota tivo que remontar e con 9 homes, tralas expulsións no min.35 de Peipo na xogada do penalti, e de Deme, na mesma xogada pero por protestar dicíndolle "moi ben árbitro, moi ben" cun toque no hombreiro. As gañas dos carnotáns e o seu bo estado físico ao non xogar a Copa, foron claves para superar nos segundos 45 minutos aos fisterráns. Un cadro fisterrán que chegada ademais con moitos xuvenís e cansos pola Copa. Casti foi clave coa súa velocidade pero foi Pedro, faltando 5 minutos para o final quen desestabilzou a balanza.

Agora os carnotáns terán que tifar co Camariñas, ao tempo que aínda teñen cousas que solventar por dentro. Polo de pronto non se presentaron candidaturas para relevar aos xogadores que están tirando do clube. Cómpre destacar a labor do Capitán Nico, que está a facer un traballo na sombra vital para que o Carnota siga existindo. Os xogadores buscan un novo equipo que, alomenos, poida botar unha man. En 15 días coñeceremos máis da situación carnotá.

Dumbría B - Baio (1-4)

  • Dumbría B: Anxo, José Carreira (Carlos, min.75), Sergio Cives, David Carreira, Samuel (Jesús xuv, min.70), Cote, Toja (Jesús, min.46), Ramiro (Fernando, min.46), José Manuel, Pablo Lestón (Rodrigo, min.70), Pablo Muíño.
  • Baio: Poyo, Matías, Diego, José Antonio, Fermín, Mario, Alberto, Rubio, Canai (Fachal, min.70), Martín (Eloi, min.80), Jorge (MC, min.60).
  • Goles: 0-1, min.30: Rubio; 0-2, min.50: Canai; 0-3, min.70: MC; 0-4, min.75: MC; 1-4, min.80: Jesús xuv.

As gañas dos locais e o cansanzo dos dumbrieses foron claves para o devir do encontro, i é que o Baio xogábase toda a temporada e levaba 2 semanas pensando no partido. Ademais, o parón de semana santa veulle de marabilla e recuperaron moitos efectivos ata completar a súa mellor defensa do ano.

Onte ata dispuxeron de bo control do balón e saíndo tocando, como sempre buscan pero que con tana baixa poucas veces conseguen dun xeito tan efectivo.

Pola banda dumbriesa estaban moi cansos os de Ferrío, tralo esforzo da Copa e contando con moitos xuvenís. Así o Baio foi superior, e venceu por garra para salvar dafinitivamente a categoría. Os xuvenís Rubio, Canai e MC, claves nos tantos.

Ponteceso - San Lorenzo (3-1)

  • Ponteceso: Norberto (Guille, min.55), Velo, David (Ventura, min.75), Dani, Fabi xuv (Pitu, min.46), Pablo Vázquez, Torrado, Toniño (Bolón, min.46), Alfrediño (Charro, min.46), Nando, Luisete.
  • San Lorenzo: Sergio, Canteiro (Iván Rey, min.35), Adrián, Casillero, Dubra, Anxo, Cachizo (Alex, min.46), Fuentefría (Jorge, min.55), Omar (Quillo, min.55), Carlitos, Javi.
  • Goles: 0-1, min.5: Javi; 1-1, min.20: Alfredo a pase de Torrado; 2-1, min.75: Luisete a centro de Dani; 3-1, min.90: Torrado de cabeza a un córner.

Non dá ningún partido por perdido o líder e pese o desgaste no encontro de onte acabaron o encontro dando moi boa imaxe. Saíron os de Mato un pouco adormilados do que se aproveitaron os de Verdillo para adiantarse no marcador. Na segunda metade o Ponteceso foi moito mellor aínda que tardou en sentenciar o choque.

Puxeronse por diante, cun Ponteceso que saíu adormilados e o San Lorenzo saíu máis enchufado. A partir de aí mellor o Ponteceso, e os últimos 25 miinutos moi ben con toque e ata adorno. Pero tardaron en sentenciar.

Corme - Buño (1-2)

  • Corme: Javi (Susiño, min.80), Abel (Iván, min.75), Adolfo (Chino, min.82), Pipo, Pandi, Felipe (Joshua, min.55), Alejo, Alejandro, Iago (Juanma, min.55), Lucas, Dani.
  • Buño: Brais, Jose (Jorge Calvete, min.50), Óscar (Ángel, min.70), Pancho Fran, Antelo, Berti, Diego, Rubén (Víctor, min.65), Emilio, Juan (Fernando, min.55)
  • Goles: 0-1, min.25: Berti, de penalti; 1-1, min.75: Alejo, de penalti, 1-2, min.85: Víctor.

3 encontros en 2 días foi demasiado para os cormeláns. E tras solventar o encontro máis importante da fin de semana na ida da final xuvenil ante o Soneira, caeron nas dúas citas dominicais.

Pero non foi ata o minuto 85 cando o Buño sentenciaba cun tanto de Víctor tras unha grande xogada persoal.

Sofan - Vimianzo (6-0)

  • Sofán: Alex, Manolo Varela, Gende, Juanjo (Pensado, min.46), Miniño (Roberto, min.65), Mario (Pizo, min.46), Diego, Adrián, Edu, David Pensado (Suso Docampo, min.46) e Bertin.
  • Vimianzo: Damian, Suso, Amarelle, Camilo, Maikol, Iván de Treos, Arán, Iván de Baiñas, Lagoa, Sergio de Dumbría e Vilaseco.
  • Goles: 1-0, min.20: Bertin; 2-0, min.55: Suso Docampo; 3-0, min.65: Pizo; 4-0, min.70: Suso Docampo; 5-0, min.79: Suso Docampo; 6-0, min.83: Bertín.

Partido de trámite, os visitantes que tan só contaron con 11 xogadores e entre eles dou sporteiros, tan só ofreceron resistencia na primeira metade, logo puideron encaixar máis goles de non ser por unha sobresainte actuación do meta Damián. Debutou Edu por parte local, que chega procedente do Laracha.

Camariñas - Esteirana (3-0)

  • Camariñas: Pablo (Pombo, min.46), Gabriel (Yuyo, min.46), Breo, Maikel, Alberto Ogando, Nico, Moriño (Brais min.75), Adrián (Dyango min.60), Josiño, Juan oBello, Javi (Ismael min.60).
  • Esteirana: Ramón (Adán min.75), Fran (Abel min.50), Dani Rama, Picholeiro (Agustín min.70), Simón, Álex (Bruno min.55), Pepe, Adri, Iago, Godo (Adelino min.60), Rober Pladur.
  • Goles: 1-0 min.40: Juan oBello, de penalti. 2-0 min.50: Juan oBello, de penalti. 3-0 min.70: Juan oBello. 3-1 min.80: Rober Pladur.

Un hat trick de Juan oBello bastou para sentenciar un partido no Manolín presentou a varios xuvenís no 11. Na Esteurana tampouco estaba o equipo de gala e non botaron todo no asador.

Castriz - Malpica (4-3)

  • Castriz: Pejo, Chinda (Dani, min.46), Sergio Pose, Alex, Toniño, Alberto (Suso, min.65), Cilindro, Bruno, Sebas, Mauri e Rubén (Martín, min.55)
  • Malpica: Víctor Martínez, Charly (Yago, min.46), Víctor (Marcos Amado, min.63), Gonzalo, Marco, Ismael, Neucha, Casais, Eme, Manu Pardo e Nando (Eloi, min.46)
  • Goles: 0-1, min.20: Casais; 1-1, min.40: Sebas; 2-1, min.43: Sebas; 2-2, min.47: Neucha; 2-3, min.50: Ismael; 3-3, min.65: Dani; 4-3, min.85: Dani.

Ata por dúas veces se puxo por diante o Malpica no marcador, pero finalmente o Castriz fíxose coa vitoria. O Malpica tirou de bastantes xuvenís e deulle descanso a algúns dos xogadores que xogaron o sábado na copa. O choque non tivo moita historia e ante a falta de motivacións por conseguir a vitoria acabou gañando o que lle puxo algo máis de intensidade.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios