Axenda Deportiva da fin de semana


Adiantamos a Axenda deportiva da fin de semana pois este venres 12 de outubro é festivo polo Pilar.
Hai moito máis que fútbol, pois teremos xornada de balonmán, volei e mesmo taekwondo. Pero coma sempre, comezamos o repaso polo deporte máis popular, do que sabedes temos todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Na Preferente, Dumbría e Soneira adiantan a xornada ó venres, que como sabedes é festivo polo Pilar. Os rivais de ambos están na zona baixa e ó seren partidos en casa soneiráns e dumbrieses están obrigados, relativamente, a gañar. O que tamén quere voltar á senda do triunfo trala súa primeira derrota é o Xallas de Santa Comba. Os xalleiros recibirán a todo un Ribadeo, que este ano está moi forte e se mantén 5º a tan só 1 punto dos verdes e laranxas e a 2 do líder.
A xornada na 1ª Autonómica preséntase propicia. O Ponteceso recibe un Amio que só suma 4 puntos, e de paso pode facerlle un favor ao Fisterra. Unha SD que pode pasar ao Unión de sacar unha vitoria fóra de casa. Ademais, o Camariñas recibe ao Bertamiráns B, pegado ao conxunto de Pepucho; mentres que o Malpica, por agora o mellor colocado dos nosos, terá o choque máis complicado coa saída ao campo do Estudiantil, que está 2º con 15 puntos.
O partido da semana na 2ª Autonómica (todos os choques se disputarán o domingo ás 16:30h) será o que enfronte ao líder, o Sofán, co 3º, un sorpredente Volantes. A Esteirana terá que xustificar a súa posición ante un Dumbría B en plena voráxine, i é que parece que César Ferrío vese obrigado a deixar a dirección do equipo ante a complicada situación deportiva. Ademais, parece que o Muros-Cee será outro dos partidos máis intensos.
En Xuvenís hai encontros moi interesantes. Polo sur, doble encontro en todo o alto, cun Fisterra-XSC entre 1º e 2º, e un Mazaricos-Dumbría entre 4º e 3º.
Ademais no norte, ademais do derbi entre Corme e Ponteceso con vantaxe para os visitantes, haberá un intenso Laxe-Malpica adiantado ao venres.
Preferente, xornada 8
Dumbría | 12/10 - 17:00 | O Val |
Soneira | 12/10 - 17:00 | Silva |
Xallas StComba | 14/10 - 17:00 | Ribadeo |
1ª Autonómica, xornada 7
Ponteceso | 14/10 - 16:30 | Amio |
Camariñas | 14/10 - 17:00 | Bertamiráns B |
Unión | 14/10 - 17:00 | Fisterra |
Estudiantil | 14/10 - 17:00 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 7
Esteirana | 14/10 - 16:30 | Dumbría B |
Baio | 14/10 - 16:30 | San Lorenzo |
Muros | 14/10 - 16:30 | Cee |
Mazaricos | 14/10 - 16:30 | Corcubión |
Zas | 14/10 - 16:30 | Buño |
Corme | 14/10 - 16:30 | Cabana |
Sofán | 14/10 - 16:30 | Volantes |
Carnota | 14/10 - 16:30 | Castriz |
Montelouro | 14/10 - 16:30 | Outes |
2ª Autonómica, xornada 8
Xaviña | 13/10 - 16:30 | Nantón |
Laxe | 13/10 - 16:30 | Soneira B |
Indep. Carballo | 13/10 - 17:00 | Lira |
Fisterra B | 14/10 - 16:30 | Camelle |
Muxía | 14/10 - 16:30 | Castrelo |
Corcoesto | 14/10 - 16:30 | Baíñas |
Alcaián | 14/10 - 16:30 | Porteño |
Cerqueda | 14/10 - 17:00 | Ameixenda |
- Descansa Coristanco.
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7
Muros | 13/10 - 16:30 | Outes |
Fisterra | 13/10 - 16:30 | Xallas StComba |
Mazaricos | 13/10 - 16:30 | Dumbría |
Corcubión | 13/10 - 16:30 | Esteirana |
Cee | 13/10 - 18:30 | Soneira |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 7
Laxe | 12/10 - 17:30 | Cabana |
Corme | 13/10 - 16:30 | Ponteceso |
Baio | 13/10 - 16:30 | Camariñas |
Zas | 13/10 - 16:30 | Malpica |
Muxía | 13/10 - 16:30 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 5
Dumbría | 13/10 - 16:30 | Sp. Coruñés |
Lugo B | 14/10 - 12:00 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, xornada 5
Dumbría | 13/10 - 11:00 | Boiro |
R.C. Deportivo | 13/10 - 11:30 | Bergantiños |
Liga Infantil, xornada 5
Cabana | 12/10 - 16:30 | Os Miudos |
Coristanco | 12/10 - 16:30 | As Baleas |
Vimianzo | 13/10 - 17:00 | Cee |
Esteirana | 14/10 - 10:30 | Xallas StComba |
Outes | 14/10 - 10:30 | Baio |
Fisterra | 14/10 - 10:30 | Corme |
Ponteceso | 14/10 - 10:30 | Muxía |
- Descansa Sofán.
Ligas de Veteranos, xornada 5
1ª División
Bértoa | 14/10 - 11:00 | Ponteceso |
San Lorenzo | 14/10 - 11:00 | Nantón |
Vimianzo | 14/10 - 11:00 | Coristanco |
Castriz | 14/10 - 11:00 | Camariñas |
Corcubión Vet. | 14/10 - 11:00 | Soneira |
Xv. Bergantiños | 14/10 - 11:00 | Bergantiños |
Baio | 14/10 - 11:00 | San Román |
Zas | 14/10 - 11:00 | Cabana |
2ª División
Camelle | 14/10 - 10:00 | Cerqueda |
At. Milagrosa | 14/10 - 10:00 | Malpica |
Dep. Carballo | 14/10 - 11:00 | Agualada |
Buño | 14/10 - 11:00 | Sofán |
Muros | 14/10 - 11:00 | Poniente |
Leiloio | 14/10 - 11:00 | Laxe |
Porteño | 14/10 - 12:00 | Corcoesto |
- Descansa Corme.
Balonmán
- 1ª Autonómica Masculina: Este venres 12 de outubro, festivo, ás 17:30h tarde no Pavillón Municipal, contra o Hierros Miguel Seis do Nada”.
- 1ª Autonómica Feminina: a vindeira fin de semana o C.B.Camariñas recibe ó Bm. Narón coa premisa de acadar a 1ª vitoria.
- 1ª Estatal: o conxunto carballés desprazarase a Vigo no que disputará un difícil encontro ante o Seis do Nadal.
Volei
Este domingo 14 de outubro disputarán a segunda xornada en Lugo:
- Ás 11:00h:
- Infantil feminino: Emevé - Manuela Rial;
- Cadete masculino: Emevé - Volei Dumbría.
- Ás 12:00h:
- Infantil masculino: Emevé - Manuela Rial;
- Cadete feminino: Emevé-Volei Dumbría;
- Xuvenil masculino: Emevé-Volei Dumbría.
Taekwondo
Despois dun máis que bo comezo de temporada, despois de acadar o Campionato Galego e o Subcampionato Galego Cadete continúan as probas de taekwondo.
Este sábado, O Club Taekwondo Arte e Movemento desprazase o Torneo Cidade de Riveira. Trátase dun Open Internacional de combate, que se celebrará durante toda a xornada do sábado no pavillon da Fieiteira.Arte e Movemento presenta a 6 deportistas:
- ADRIAN SABORIDO GARCIA - Cadete M ≥ 65kg Pesado.
- ISMAEL SENANDE FERNANDEZ - Infantil M < 35kg Minigallo.
- BRAIS FERNANDEZ DE LA IGLESIA - Infantil M < 38kg Gallo.
- CRISTIAN DOMINGUEZ DOMINGUEZ - Junior M < 55kg Pluma.
- JUAN LUIS LISTA ANTONIO - Junior M < 68kg Semimedio.
- JUAN ALVARELLOS MARTINEZ - Junior M < 73kg Medio.
Estes 6 rapaces representaran ó clube, pero ademáis participará tamén o carnotán Anxo Fernández, pero como membro da Selección Galega.
Tenis de mesa
Sábado 13 de outubro de 2012 no ximnasio do CPI de Zas:
- 16:00h: Anorthosis Vimianzo - CTM Lalín "B".
- 18:30h: Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B".
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: Os favoritos seguen situándose.
- 3º Autonómica: Porteño e Camelle aproveitan o descanso do Independiente.
- 2ª Autonómica: Igualdade máxima.
- 1ª Autonómica: Un derbi de empate.
- Preferente: Un empate e gracias.
- Resultados do #futboldaCosta na primeira fin de semana de outubro.
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).