Nova fin de semana chea de deporte. E comezamos polo fútbol logo de coñecer a complicada tesitura á que se enfronta a SD Esteirana e a presidencia de García Liñares na Federación Galega de Fútbol.
Ademais, e noutro eido de cousas, o Bergantiños lamenta a morte do socio de honra Manuel Varela López, de 87 anos, que nacía no mesmo ano de fundación do clube carballés.
A xornada na 1ª medirá a tremenda igualdade no grupo de arriba. O Cee, aínda líder, recibe ao Eume nun boa oportunidade para volver sumar os 3 puntos. O Xallas do recén entrevistado Iván Cancela visitará o campo do Estudiantil, tamén na zona media-baixa. E o Dumbría será o que o teña máis difícil. Será un partido clave para os de Canosa, pois se enfrontan ao Olímpico, 3º con 2 puntos máis que os dumbrieses.
A xornada na Liga da Costa chega cun Sofán-Camariñas por todo o alto. O Carral será unha pedra de toque para ver as posibilidades dos de Manolín de manter o ritmo do Ponteceso, que esta semana visita o Municipal de Vimianzo onde agarda vencer con comodidade. E haberá que manter un ollo nese Muros-Club do Mar que sempre pode ser bonito.
Por abaixo, o Corme - Carnota será moi importante para ver se o Corme escapa da zona perigosa ou se o Carnota o mete de cheo en problemas. O derbi sureño entre O Pindo e Esteirana taén será importante.
A 3ª centrará a atención no encontro entre 3º e 4º da táboa. O Corcubión visita Coristanco con tan só 6 puntos de vantaxe, co que unha derrota dos de Manín abriría completamente a loita polo ascenso. Iso si, unha vitoria visitante case que poría fin á Liga.
Ademais, tamén está en xogo a volta da Fase Previa da Copa da Costa Xuvenil. Logo dunha ida máis que igualada 4 equipos pasarán a Oitavos.
Liga Autonómica:
- Castrelo F.S.F. - Fisober F.S.F.: 05/03/2011 ás 17:00 no Municipal Castrelo de Miño.
Liga Provincial:
- Espartanas F.S. - A Salina Xuventude F.S.F.: 06/03/2011 ás 12:00 no Barrio de las Flores
- F.C. Meigas - Viaxes Amarelle F.S.: 06/03/2011 ás 12:30 no Polideportivo de Bertamirans
- Concello de Ponteceso - Manureva Tall. Mundo: 05/03/2011 ás 20:00 no Municipal de Corme
- Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo: 05/03/2011 ás 17:00 no Municipal de Baíñas.