Venres. 03.05.2024
El tiempo

Resultados do fútbol costeiro

Resultados do fútbol costeiro
Nova semana de fútbol da Costa, con cousas boas e menos boas. O Soneira volvía á senda da vitoria tras 5 encontros de empates e queda con 41 puntos nunha cómoda 9ª posición. Pola houbo de todo entre os nosos. A zona de arriba aprétase, e de que xeito. O Cee caía inesperadamente ante o penúltimo da táboa, pero mantén o liderato, iso si, empatado co Unión, 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico e o Xallas (que vencía con claridade ao Perlío); 2 sobre o Sada e Imperátor; e 3 sobre o Dumbría, que se mete de cheo na loita polo ascenso tras vencer ao Unión nun duelo directo. Deste xeito, son tan só 3 puntos os que separan ao líder, Cee, e o 7º, o Dumbría. A mala nova chegou da man do Zas, que non xuntou xente para presentarse en Lamela. Na Liga da Costa, Ponteceso e Camariñas seguen ao seu. Os de Berto romperon a boa racha do Dumbría B e a base de xogadas a balón parado endosáronlle unha manita. Pola súa banda, o Camariñas sufriu algo máis da conta ante un Corme que non acaba de alonxar o perigo. Por abaixo tamén caeu o Carnota ante o Muros, o Porteño ante a Esteirana, e O Pindo ante o Fisterra, polo que o o Carnota e o Porteño, terán que loitar co Pindo, o Corme e o Baio (que caía ante o Club do Mar) por esa 3ª praza e confiar en que o segundo da Liga da Costa acade o ascenso. E na 3ª, xornada clave. A vitoria do Nantón ante o Cerqueda fai que a fenda entre os 3 de arriba e o 4º clasificado, agora o Coristanco, medre. O Mazaricos non perdoaba onte en Lira e mantense con 58 empatado co Nantón. A 3 puntos, pechando os postos de ascenso, segue o Corcubión tras meterlle 5 ao pechacancelas. O Coristanco vencía en Alcaián e sitúase con 49, a 6 do Corcubión. Con 48 queda o Cerqueda, que perdeu en Nantón, ao igual que o Cabana que caeu con claridade no Cunchido. Por xuvenís, xa comezou a Copa da Costa Xuvenil 2011 e xa podedes ver as crónicas desta igualada Fase Previa.

Preferente, xornada 29

Soneira 4-1 Lemos

1ª Autonómica, xornada 25

Dumbría 2-1 Unión
Lamela Susp. Zas
Cambre 2-1 Cee
Xallas 4-1 Perlío

2ª Autonómica, xornada 25

Baio 1-2 Club do Mar
Carnota 0-2 Muros
Esteirana 4-1 Porteño
Fisterra 3-2 O Pindo
Camariñas 2-1 Corme
Malpica 2-0 Buño
Castriz 0-1 Sofán
Ponteceso 5-1 Dumbría B
San Lorenzo 2-1 Vimianzo

3ª Autonómica, xornada 25

Lira 1-3 Mazaricos
Laxe 4-1 Xaviña
Corcubión 5-0 Corcoesto
Alcaián 0-2 Coristanco
Cerqueda 0-1 Nantón
Atl. Pereiriña 1-3 Muxía
Muros B 2-3 Indep. Carballo
Outes 2-0 Cabana

Liga Nacional Xuvenil, xornada 23

Arosa 2-1 Bergantiños

Copa da Costa Xuvenil, Fase Previa

Zas 1-2 Malpica
Coristanco 2-2 Cabana
Baio 0-0 Camariñas
Outes 2-1 Corcubión

Liga Galega Cadete, xornada 22

Bergantiños 0-3 Lugo B
Portuarios 4-1 Santa Comba

Segunda Cadete, xornada 21

Bergantiños B 5-1 Muros
Soneira 6-2 Outes
Ponteceso 0-3 Cabana
Cee 7-1 Coristanco
Con. de Carnota 0-4 Baio
Malpica 6-3 Fisterra
Esteirana 1-1 Corme

Segunda Infantil, xornada 17

Muxía 2-2 Outes
Os Miudos 4-9 Cabana
Cee 3-0 Bergantiños B
E.M.F. Vimianzo 3-2 Zas
Coristanco 4-3 Con. de Carnota
Santa Comba 1-4 Dumbría
Baio 1-3 Esteirana

Ligas de Veteranos, xornada 22

1ª División

Bértoa 0-2 Nantón
Corcubión Vet. 4-2 Vimianzo
Ponteceso 1-3 San Román
Cabana 2.1 At. Milagrosa
Xv. Bergantiños 0-1 Bergantiños
Castriz 1-0 Baio
Zas 1-3 Camariñas

2ª División

Cerqueda 3-5 Dep. Carballo
San Lorenzo 3-1 Malpica
Porteño 2-2 Agualada
Corme 1-5 Buño
Corcoesto 1-4 Leiloio
Sofán 3-2 Coristanco
Muros 4-2 Club do Mar

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios