García Liñares presenta ao fútbol da Costa a súa candidatura para a Federacion Galega de Fútbol

20:14 01/03/11

Posicionamento do fútbol da Costa
A posición do fútbol da Costa no marco do fútbol galego é a mellor da súa historia. Momento clave este para o noso fútbol, como xa comentaron os nosos colaboradores Manuel Varela e Alberto Pose. I é que dos 18 equipos da provincia que poderán votar nas eleccións á Federación deste xoves 3 de marzo, 6 son equipos do fútbol da Costa. E dos 6 elixidos xogadores que tamén teñen voto, 3 son costeiros. Os equipos que partiparán na votación, elexidos nunha asemblea da Asociación de Clubes de Fútbol da Costa, son o Cee, Soneira, Ponteceso, Baio, Esteirana e o Muxía. E os xogadores que poderán votar son Repi (Club do Mar), Noé (un fisterrán en Cerceda) e Iván Pequeño (Dumbría).Artigos relacionados
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).