Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Apretón na zona alta

1ª Autonómica: Apretón na zona alta

A derrota do Cee co Cambre, e do Unión co Dumbría, deixa a 7 equipos en 3 puntos na zona alta da 1ª Autonómica tras esta 25ª xornada. Os de Pato sucumiron na cancha do penúltimo clasificado nun encontro sufrido que non foron quen de darlle a volta.
Pola súa banda, Xallas e Dumbría vencían encontros claves e se meten de cheo na loita polo ascenso. Os de Iván Cancela quedan a 1º punto do liderato e os de Canosa a 3.

A mala nova foi a protagonizada polo Sporting Zas, que non xuntou xente suficiente para presentarse no campo do Lamela. Ao parecer, un maratón de fútbol sala no concello fixo que moitos dos novos xogadores zaenses, non acodisen ao partido.

Dumbría - Unión (2-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Pablo Serrano, Pablo (Chula, min.46), Suso, Aarón, Adrián (Brais, min.46), Schuster, Piri (Isma, min.80), Iago (Jesús, min.86),Eloy (Marco, min.7o).
  • Goles: 1-0, min.30: Eloy; 2-0, min.65: Brais; 2-1, min.95.

Impotantísima vitoria do Dumbría que apreta, e de que xeito, a zona alta. Os de Canosa deron o do de peito dando mostras do seu potencial. A xuventude dos locais non foi un problema e arrebataron o liderato ao potente Unión.

As ás foron claves no devir do encontro, e a rapidez de Eloy e Brais polas bandas creou moito perigo na área rival. Foron eles os autores dos goles no ecuador de cada parte. Os visitantes só reaccionaron contra o final pero o gol que recurtaba distancias chegou demasiado tarde.

Xallas - Perlío (4-1)

  • Xallas: David, Pereiro, Iván Forján, Pika, Antelo, Ricardo (Ismael, min.77), Rubén Forján, Jesús, Adrián Prol (Roberto, min.70), Brais (Ventura, min.65), Adrián Beiroa (Leo, min.85).
  • Goles: 1-0 min.1: Rubén Forján; 2-0 min.15: Adrián Prol; 2-1 min.40; 3-1 min.75: Adrián Beiroa; 4-1 min.80: en propia meta.

Tamén seguen intactas as posibilidades do Xallas trala cómoda vitoria colleitada este domingo ante o Perlío. Pero cómoda por méritos locais, que aplacaron o xogo do "mataxigantes" da categoría. Tocando, movendo e chegando á liña de fondo, os de Iván Cancela e Santi Casal deron todo un recital de bo xogo e pegada cara gol.

O partido xa comezaba co tanto inicial de Rubén Forján, e aos 15 minutos xa mandaba por 2-0 gracias ao gol de Adrián Prol. O Perlío recurtaba antes do descanso, pero tampouco apretou demasiado na segunda metade. Beiroa sentenciou no ecuador da segunda metade.

Cambre - Cee (2-1)

  • Cee: Mingos, Jacobo (Diego Cespón, min.75), Rafa, Dani, Jorgito (Sergio, min.27), Fermín (Chapu, min.70), Angeliño, Rivi, Fernandito,Tasky,
  • Goles 1-0, min.44; 1-1, min.52: Angeliño; 2-1, min.65.
  • Expulsión: Carlos Leis dende o banquiño.

Inesperada derrota do equipo de Pato, pero nesta 1ª Autonómica xa se sabe que non hai inimigo pequeno. O penúltimo clasificado puido cun Cee, que o deixa aínda no liderato pero con ningunha vantaxe.

O partido que comezaba moi apretado e disputado, con ocasións nas dúas áreas. Jorgito tivo que ser substituido á media hora tras recibir un forte golpe no peito, e xusto antes do descanso chega un gol clave para o equipo local.

Non estaba cómodo o equipo ceense que aínda asi puido marcar. Foi Taski o que conseguía igualada pronto, e cando semellaba que o equipo ía pola vitoria o Cambre volvía adiantarse. De aí ao final foron 25 minutos nos que o Cee intentouno de mil maneiras. Pero atrás non estaban finos e deixaban claras ocasións aos rivais que salvou Mingos. Ademais, os xogadores marcharon descontentos co colexiado que anulou un gol aos de Pato por suposto fóra de xogo.

Lamela - Zas (Susp.)

  • Suspendido por incomparecencia do Zas.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios