Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O derbi do fútbol sala feminino da Costa quedou en Vimianzo

O derbi do fútbol sala feminino da Costa quedou en Vimianzo

O derbi entre Fisober B e Concello de Ponteceso na Liga Provincial foi o centro das miradas esta semana no fútbol sala feminino. E a cousa vai dar que falar en tanto que parece que o equipo pontecesán vai denunciar ao Fisober por aliñar unha xogadora de 12 anos.
Con todo, e á espera de novedades, o filial vimiancés venceu con claridade por 5-0 no encontro disputado en Vimianzo.

Tamén na Liga Provincial, o Viaxes Amarelle B sumou tres importantes puntos ante un fuerte Boqueixón (5-1), tras unha espectacular segunda parte. Ademais, A Salina Xuventude de Esteiro vencía 0-6 en MAbegondo. Con estes resultados o Viaxes Amarelle B queda 3º con 47 puntos, a 2 puntos do líder, o Sobrado. Pola súa parte o filial do Fisober mantense na 7ª praza con 25 puntos, 6 máis que A Salina que ocupa a 11ª praza, mentres que o Concello de Ponteceso segue penúltimo con 9 puntos.

No que a Liga Autonómica atinxe, o Fisober caía ante o líder da categoría, o CIOS Vigo por 4-5, nun disputadísimo encontro no que as vimiancesas a piques estiveron de remontar un 1-5. A derrota non ensombrece a excelente segunda volta que están a realizar con trece puntos en seis partidos, cando en toda a primeira volta fixeron dezasete puntos.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B “ CONCELLO DE VIMIANZO, 5 - CONCELLO DE PONTECESO FSF, 0
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Andrea e Noe.
  • CONCELLO PONTECESO: Salomé, Sonia, Martina, Silvia e Tamara; tamén xogaron: Mónica e Iría.
  • Goles: 1-0 Ylenia, 2-0 María, 3-0 Sonia en p.p., 4-0 Mónica en p.p., 5-0 Andrea.

O derbi de próximidade quedouse na casa nun partido no que as locais voltaron a xeira da victoria. Comenzaba o partido co dominio local e os cinco minutos era Ylenia cun tiro lonxano a que desfacía a igualada e batía a Salomé. No minuto sete era Noelía a que tiña unha opción de aumentar a vantaxe. No minuto dez foi Ponteceso quen tivo a súa ocasión máis clara do partido despois dun saque lateral. Mediada a primeira metade Andrea e Ylenia en dous grandes disparos que enviaba Salomé a saque de esquina non foron capaces de marcar o segundo. Transcurría o partido cun dominio local pero con pouca intensidade. No minuto vinte eran Andrea e María as que gozaban dunha dobre ocasión pero o segundo gol non chegaba. Un minuto despois era Andrea a que mandaba un balón o longueiro. Parecía que o segundo gol non ía chegar pero nos dous últimos minutos primeiro María despois dun rexeite facía o segundo e pouco despois a ex de Fisober Sonia a que facía o terceiro en propia porta.

A segunda metade camiñou polos mesmos derroteiros co dominio local e cas visitantes sin apenas chegadas. Así no minuto sete desta segunda metade era Noelía a que dispuña de dúas boas ocasións e Andrea de outras duas boas ocasións. A xogadora do Fisober pero pontecesana de nacemento Myrella no oito tampouco era quen de batir a Salomé. Mediada a segunda metade Ylenia mandaba un balón o pau e case acto seguido a mesma Ylenia facía outro bó tiro. No minuto 18 un tiro de Ylenia era Mónica a que poñía o 4-0 en propia porta. Un minuto despois Noe lanzaba o longueiro e despois a omnipresente Ylenia de novo asustaba a Salomé. Parecía que o partido chegaría así o final cando Noelía erraba unha nova ocasión pero era Andrea a que facía o quinto e defenitivo antes do final.

Liga Provincial

  • Resultado: Viaxes Amarelle “B” FSF, 5 - Boqueixón FS, 1.
  • Viaxes Amarelle “B” FSF: Leti, María, Alba, Laura Paz, Cruz (cinco inicial), Xulia, Regi, Cris, Laura.
  • Goles: 1-0 Cruz (min. 5); 2-0 Cruz (min. 30); 3-0 Alba (min. 35); 4-0 Laura (min. 41); 5-0 María (min. 45); 5-1 Lidia (min. 47).

O Viaxes Amarelle B de Suso Yanes sumo unha nova vitoria na súa andaina pola provincial feminina logo de vencer tras unha boa segunda parte ao Boqueixón FS por un amplo 5-1 que lle dá tres puntos para continuar na parte alta da clasificación e aproveitando a vitoria do segundo clasificado, Sobrado Xuventude, ante o líder Sada FSF, o conxunto xalleiro consegue achegarse aínda máis ao líder da Liga Provincial Feminina da Coruña. o Sada FSF, que xa suma a segunda derrota da tempada.

Liga Autonómica

Comentarios