Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: As cousas clarexan por arriba e por abaixo

2ª Autonómica: As cousas clarexan por arriba e por abaixo

Non fallan Ponteceso e Camariñas e seguen con 2 puntos de vantaxe entre eles e 10 sobre o 3º, o Sofán. Un Sofán que vencía nun encontro de brega en San Pedro de Castriz, e que suma 3 puntos máis que un Muros que vencía no derbi sureño co Carnota.

E por abaixo, clave a vitoria da Esteirana ante o Porteño que alonxa aos muradáns da zona perigosa. Agora, Carnota e Porteño intentarán remar para alcanzar aos O Pindo, Corme e Baio, para intentar evitar a 3ª praza confiando en que ascenda o segundo da Liga da Costa.

Esteirana - Porteño (4-1)

  • Esteirana: Ramón, José Varela (Roi Txokeiro, min.46), Dani Rama, Damián Suizo, Fran Maceiras, Pepiño, Iago (Picholeiro, min.70), Álex, Simón (Godo, min.80), Andel (Cajulo, min.75), Adrián.
  • Porteño: Asiel (Sacho, min.70), Manuel, Roi, Martín, Pejo (Cousillas, min.30), Brais, Piti, Quilmes, Iván, Óscar, Isma.
  • Goles: 1-0, min.35: Iago; 2-0, min.60: Andel; 3-0, min.72: Álex; 3-1, min.75: Piti; 4-1, min.85: Godo.

Practicamente sentenciou a permanencia a Esteirana tras vencer nun encontro clave ante o Porteño. O equipo visitante saíu ben colocado e dominou durante os primeiros 20 minutos, pero sen apenas chegadas claras. Os locais comezaron dominando e Iago abriu o marcador a 10 minutos para o descanso, tras varias internadas perigosas polas bandas.

E á volta dos vestiarios, tras 5 minutos bos dos visitantes, Andel ampliou a renda para os locais, e Álex sentenciou aproveitando un regalo da defensa da Ponte.

Baio - Club do Mar (1-2)

  • Baio: Manuel, Matías, Mario, Eloy, José Antonio, Martín, Fachal (Pablo, min.46), Alberto, Canai, Jorge, MC.
  • Club do Mar: Borja, Chori, Juan, Alberto, Isaac (Diego, min.70), Pablo Corral (Chan, min.85), Mariano, Repi, Fran Borrazás, Jaboco (Jorge, min.80), Brais.
  • Goles: 0-1, min.25: Pablo Corral; 0-2, min.75: Brais; 1-2, min.80: Canai.

Moi bo partido dos locais, sobre todo na primeira, que foron superados por un Club do Mar máis efectivo. Os caioneses deixaron saír ao Baio co balón controlado, que tivo máis posesión. Pero as contras dos de Repi, tras roubos no medio campo e internadas por bandas, eran moi perigosas.

Os visitantes marcaron por medio de Pablo Corral e Brais, e non pasaron demasiados apuros. Tan só nos últimos 5 minutos o Baio foise arriba con todo, e puideron marcar máis por avalancha que por ocasións claras.

A mocidade dos locais foi clave, xa que falta unha referencia atrás e arriba. I é que xa o din os vellos de Baio, "no fútbol hai que ter un 1569", isto é unha referencia na portería, no centro da zaga, no mediocampo e na punta de ataque.

Carnota - Muros (1-2)

  • Carnota: Peipo, Adrián, Nico, Pedro, David Brea, Miguel Beiro, Tono da Caixa, Gabri (Demetrio, min.10) (Manolo Chouza, min.60), Andrés Pato, Oli (Urko, min.50), Pablo Beiro (Pumuky, min.46).
  • Muros: Lupi, Manu Dosil (Óscar de Baño, min.50), Gael, David (Dani Corniños, min.60), Mayuyo, Barito, Bibi, Martín (Seluco, min.50), Gelo (Yanky, min.50), Toni e Miguel Riveiro.
  • Goles: 1-0, min.10: Miguel Beiro, de penalti; 1-1, min.70: Óscar; 1-2, min.84: Bibi.
  • Lesións: Gabri. Oli e Deme.

Partidazo, coma sempre, no derbi sureño entre Carnota e Muros. Un Carnota que veía a luz ao final do túnel pero esta derrota bota por terra o traballo dos últimos partidos. Foi todo un encontro disputado, cun Carnota que saíu a por todas. Os de Nito adiantábase de penalti aos 10 minutos, aproveitando o desconcerto muradán, se cadra aínda de resaca da noite do xoves en Compostela, xa que todo plantel muradan acodían á Capitol a ver a Jabon Blue.

Na segunda metade reacionaron os muradáns que saíron cun tridente arriba. Á contra puido sentenciar o Carnota pero perdoou e acabou pagándoo. Urko e Miguel Beiro mandaron ao pao antes de que Óscar de Baño marcase o empate. Bibi rematou co partido tras unha boa xogada de Seluco.

Fisterra - O Pindo (3-2)

  • Fisterra: Relojero, Senra (Roberto, min.72¡0), Juan, Luis, Roco, Guardiola, Tati (Martín, min.70), Rodrigo, Dudo, Manoliño, Roa.
  • O Pindo: Diego Garrido, César, José Express (Ángel, min.75), Mateo, Piquero, Julián, (Edu, min.55) Diego León (Poky, min.55), Hugo (Víctor, min.70), Rivas, Aitor.
  • Goles: 1-0, min.15: Guardiola; 1-1, min.20: Rivas; 2-1, min.35: Dudo de vaselina; 2-2, min.60: Edu; 3-2, min.80: Manoliño.
  • Expulsión: Fran de Cee (min.87).

Partido tenso e vibrante ata o final entre o Fisterra e O Pindo. Os carnotáns puxeron en verdadeiro perigo a vitoria fisterrá e anularon en dúas ocasións a vantaxe local. As oportunidades chegaban para os dous bandos, i é que o Fisterra, moi potente na zona de arriba, ofrece algunha facilidade na defensa.

Guardiola adiantou aos locais, pero Rivas empatou. Dudo volvía poñer por diante aos fisterráns cunha fermosa vaselina, pero Eduo¡ volvía anular a vantaxe. Non foi ata o min.80 cando Manoliño sentenciou, ante as protestas dos visitantes que viron sendos penaltis en accións sobre Víctor e Higo.

Camariñas - Corme (2-1)

  • Camariñas: Pombo, Josiño, Breo, Pesqui, Maikel, Moriño, De la Sierra, Brais (Alberto, min.80), Javi, David (Mané, min.60), Juan oBello (Gabriel, min.85)
  • Corme: Susiño (Javi, min.80), Adolfo, Alejandro, Pandi, Lelo (Pipo, min.85), Martinciño, Abel (Dani, min.75), Lentejo, Iago, Lucas, Joshua.
  • Goles: 1-0, min.35: Brais; 1-1, min.50: Lucas; 2-1, min.70: Javi a pase de Juan oBello.

Sufríu máis da conta o Camariñas ante un Corme que conta agora cos seus xuvenís algo máis frescos logo de lograr o título da Liga Xuvenil. O partido desenvolveuse sobre o guión esperado. O Camariñas saía tocando, mentres o Corme agardaba a roubar en tres cuartos de campo e saír en rápidas contras con Iago, Lucas, e Joshua como protagonistas. Pero a defensa camariñá non amosa fisuras e foi complicado facer ocasións.

Braias adiantou ao equipo de Manolín á media hora tras un saque de curruncho. Non se desmoronou o equipo cormelán que agardou a súa opción. Apareceu a calidade de Lucas para empatar e poñer en nerviosos aos locais. Pero aínda faltaba o toque dos homes leais do Camariñas. oBello controlou na frontal e cedeu con clase para que Javi puxese o 2-1 que deixa a zona alta tan apretada como a semana pasada.

Malpica - Buño (2-0)

  • Malpica: Suso; Charly, (Víctor, min.40), Marcos Amado, Iago, (Ismael, min.65), Marco, Eloy, Neucha, Cheo, (Casais, min.60), David Blanco, Andrés, Nando, (Gonzalo, min.85)
  • Buño: Brais; Óscar, Ángel, Pancho, (Fran Martuxa, min.60), Lolo, Jorge, Emilio, Juan, (Víctor Pardiñas, min.70), Berti, (Rubén, min.70), Víctor Vilar, Dourado, (Fernando, min.85).
  • Goles: 1-0, min.10: Cheo de cabeza a unha falta botada por Neucha; 2-0, min.32: Neucha de penalti.

O Malpica aproveitou as ocasións que tivo mentres que o Buño non. Así foi o derbi malpicán, moito máis apretado do que indica o marcador, e no que os visitantes puideron sacar algo positivo de Pedra Queimada. Pero en fronte estaba Suso, heroe dende a meta local, que parou un balón de Víctor a centro de Juan case que a bocaxarro. Xa co 1-0, Suso tamén parou un penalti a Bertín, o que mermou a moral dos visitantes. Neucha si que non fallou dende os 11 metros para o Malpica.

No segundo tempo levou o peso do partido os visitantes, pero non houbo demasiado perigo. Algún arreón do equipo de Pablo Mallón meteu medo na defensa malpicá, pero sen demasiada claridade.Por parte local, destacar o debut do ex xogador do San Tirso, Nando.

Castriz - Sofán (0-1)

  • Castriz: Carlos, Chinda, Toniño, Alex, Alberto, Dani (Martin, min.79), Cili, Bruno, Suso (Sergio Pose, min.65), Ovidio (Ruben, min.71) e Sebas (Mauri, min.80).
  • Sofán: Miniño, Roberto Souto, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Juanjo, Pizo, Mario Casal, Adrian (Aleman, min.89), Jacobo (Manolo Varela, min.76), Luisito (Gende, min.84) e Bertin.
  • Gol: 0-1, min.81: Luisito dende fora da área tras unha deixada de Bertín.

Partidazo de brega, como nos teñen acostumados estes dous equipos. Xogo forte, moi físico, con moito balón aéreo, pero sempre con deportividade. Un partidazo auténtico da Liga da Costa. E máis acertados estiveron os sofanistas que levaron o partido cun solitario gol de Luisito dende o borde da área.

Ao remate, locais e visitantes, despois de darse leña durante todo o encontro, disfrutaron en compañía do clásico churrasco de San Pedro de Castriz.

Ponteceso - Dumbría B (5-1)

  • Ponteceso: Norber, David Velo, Carlos Mato (Alberto, min.76), Fabián, David (Fabi, min.76), Bolón (Tucho, min.55), Toniño (Adrián Porteiro, min.65), Dani Pallas, Alfrediño, Charro (Puente, min.70), Nando.
  • Dumbría B: David, David Carreira, Sergio Cives, José Carreira (Ramiro, min.60), José Manuel (Casal, min.70), Jesús, Fernando (Ivanete, min.65), Miguel Poyo, Tantán, Pablito Lestón (Carlos, min.76), Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.20: Carlos Mato; 2-0, min.30: Charro; 3-0, min.35: Toniño; 4-0, min.50: Carlos Mato; 4-1, min.55: Pablo Muíño; 5-1, min.64: Toniño.

Moi superior o equipo de Berto, sobre todo facendo moito dano a balón parado. Os de Ferrío, que chegaban cunha boa xeira de resultados, viron cortada a racha ante un Ponteceso firme e eficaz. 3-0 ao descanso e o encontro xa estaba morto.

San Lorenzo - Vimianzo (2-1)

  • San Lorenzo: Recarey, Iván Rey (Casillero, min.80), Puñal, Dubra, Cachizo, Carliños, Fuentefría (Anxo, min.75), Jorge, Javi (Adrián, min.50), Alexandre, Marcos Cancela (Quillo, min.65).
  • Vimianzo: Damian, Amarelle, Suso, Maikol, Iván de Treos, Martín, Iván de Baiñas, Arán, Pose, Sergio Vilaseco e Pablo.
  • Goles: 1-0 min.17: Dubra; 1-1 min.30: Puñal, en propia puerta; 2-1 min.40: Iván Rey.

Partido tranquilo dos locais ante un Vimianzo que se presentaba con 11 xustos en Verdillo. As ocasións chegaron para uns e outros, e se por bando local puideron sentenciar en numerosas ocasións, o Vimianzo tamén puido empatar pero Recarey foi provindecial para evitar o emapte.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios