Preferente: O Soneira certifica a salvación


Media salvación conseguida este domingo en Vimianzo tras vencer, nun encontro tranquilo, ao Lemos. Os de Manolito pasaron de levar varios encontros sen gañar a varios encontros sen perder, i é que nas últimas datas os empates foron os protagonistas. Pero sumando vagariño, o equipo vimiancés practicamente certificou a súa permanencia un ano máis na Preferente.
Soneira - Lemos (4-1)
- Soneira: Pose, Ferreiro, Fran de Urroa, Miguel, Pablo (Víctor García, min.58), Santi, Mayor (Basti, min.72), Míchel (Mario, min.60), Kike, Vituco (Vía Rápida, min.65), Darío.
- Goles: 1-0, min.38: Vituco de cabeza a centro de Kike; 2-0, min.49: Kike; 3-0, min.51: Vituco; 3-1, min.75; 4-1, min.90: Kike tras unha xogada de Basti.
O Lemos fóra da casa baixa moito e malia aguantar a primeira media hora, o primeiro tanto só serviu para abrir a lata. Os locais xa chegaran por medio de Vituco e cun gol anulado a Santi de cabeza. Pero foi o propio Vituco quen marcou tras un centro de Kike.
Na segunda xa foi todo máis doado e os goles foron caendo, con Kike e Vituco como protagonistas. Cómpre destacar o coidado da canteira por parte dos vimianceses. Onte, Mayor foi o eixe do medio campo no segundo partido de titular. Ademais, a semana pasada debutaba Alberto e nesta fixo o propio Basti, que participou no cuarto gol.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Artigos relacionados
- Pablo Mouro, un novo colaborador para os Deportes de QPC.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Novas relacionadas
Máis novas
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).