Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana con moito fútbol, volei, balonmán, surf e BTT

Axenda deportiva da fin de semana con moito fútbol, volei, balonmán, surf e BTT

Esta fin de semana do 12 e 13 de maio volve completa de deporte. Ademais do fútbol, teremos campionatos galegos de balonmán e voleibol, ruta BTT en Camariñas, surf e tenis de mesa.
Iso si, será a última fin de semana con máis de 60 partidos do #futboldacosta. I é que rematan as ligas de 1ª, 2ª, e 3ª Autonómica, ademais da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Así e todo, teremos xornada doble, con horarios unificados na xornada dominical e variados na Copa sabatina.
Precisamente o sábado haberá choques ben interesantes na Copa da Costa, entre os que podemos destacar o Santa Comba-Ponteceso ou o Dumbría-Sofán, eliminatorias das que poden saír os favoritos para a final.

Para o domingo toca Liga, e imos repasar a xornada tras ollar o parte de sancións. Comezando pola Preferente, aínda viva, e con perigo de morte para Xallas e Soneira, que non se poden despistar para evitar ata a 5ª praza por abaixo.
En 1ª, remata por fin a agonía do Cee e a iiregular tempada do Ponteceso.

A Liga da Costa, cos 2 primeiros postos decididos por arriba e por abaixo, aínda terá interese a loita pola 3ª praza. Ao Corme válelle con empatar en Castriz, pero se perde e gaña o Fisterra en San Lorenzo, serán os fisterráns os 3º. O Malpica poderá superar ao Fisterra sempre que faga mellor resultado que eles.

E na si que haberá intensidade. Volantes e Montelouro teñen todo de cara para meterse na Fase de Ascenso se vencen a Pereiriña e Muxía. Por detrás o Porteño espera un tropezo sempre que venza ao Laxe.

Ademais, a Copa continúa sen parada, pois este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, disputarase a volta dos Oitavos da Copa da Costa, para continuar o propio domingo coa ida dos Cuartos. Se é que parecemos da Champions.

A cousa está que ferve en Xuvenís. A final que non puideron ter polo barro de competicións fai que este Cee-Baio do sábado sexa o partido máis intenso do ano. As afeccións encherán o San Pedro de Refoxos e mesmo hai camisolas polo camiño. O que gañe, acompañará ao Malpica na Fase de Ascenso á Liga Galega.
Ademais, a Copa Xuvenil descubrirá aos seus finalistas. O Cabana intentará darlle a volta nas Redondas á eliminatoria ante o Mazaricos e o Zas-Ponteceso prevese tremendamente intenso tralo 0-0 da ida.

En Cadetes e infantís as ligas rematan sen maior interese.

Preferente, xornada 36

S.D. Compostela 13/05 - 12:00 Dumbría
Boiro 13/05 - 17:30 Xallas
Viveiro 13/05 - 17:30 Soneira
Santa Comba 13/05 - 18:00 Gal. Mugardos

1ª Autonómica, xornada 34

Ponteceso 13/05 - 17:00 Estudiantil
Imperator 13/05 - 19:00 Cee

2ª Autonómica, xornada 34

Zas 13/05 - 17:00 Dumbría B
San Lorenzo 13/05 - 17:00 Fisterra
Mazaricos 13/05 - 17:00 Malpica
Nantón 13/05 - 17:00 Club do Mar
Castriz 13/05 - 17:00 Corme
Corcubión 13/05 - 17:00 Sofán
O Pindo 13/05 - 17:00 Camariñas
Buño 13/05 - 17:00 Baio

3ª Autonómica, xornada 38

Indep. Carballo 13/05 - 16:00 Camelle
Soneira B 13/05 - 17:00 Fisterra B
Cerqueda 13/05 - 17:00 Carnota
Alcaián 13/05 - 17:00 Lira
Porteño 13/05 - 17:00 Laxe
Outes 13/05 - 17:00 Xaviña
Montelouro 13/05 - 17:00 Muxía
Volantes 13/05 - 17:00 Atl. Pereiriña
Corcoesto 13/05 - 18:00 Cabana

Copa da Costa, ida dos Oitavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14

Camariñas 11/05 - 20:00 Soneira
Cee 12/05 - 17:00 Baio
Corcubión 12/05 - 17:00 Santa Comba
Malpica 12/05 - 17:00 Dumbría B

Copa da Costa Xuvenil, volta das Semis

2ª Cadete, xornada 34

Zas 12/05 - 10:30 Malpica
Camariñas 12/05 - 10:30 Muxía
Outes 12/05 - 10:30 Ponteceso
Cee 12/05 - 10:30 Fisterra
Muros 12/05 - 10:30 Esteirana
Cabana 12/05 - 10:30 Coristanco
Soneira 12/05 - 10:30 Dumbría
Santa Comba 12/05 - 12:30 Porteño

2ª Infantil, xornada 34

Santa Comba 12/05 - 10:30 Ponteceso
Coristanco 12/05 - 18:00 Cee
As Baleas 13/05 - 10:30 Con. de Carnota
Baio 13/05 - 10:30 Fisterra
E.D. Os Miudos 13/05 - 10:30 E.M.F. Vimianzo
Muxía 13/05 - 10:30 Cabana
Dumbría 13/05 - 11:00 Esteirana

Copa da Costa de Veteranos, volta dos Dezaseisavos

BTT en Camariñas

Este domingo 13 de maio de 2012 a partir das 9:30h toca ruta BTT da Caramiña polos montes camariñáns.


Surf en Nemiña

A praia fetiche dos surfistas de todo o país acollerá 2° Campionato de Longboard e SUP. A cita na praia muxiá será este sábado 12 de maio, organizada polr GAL, Silfo Surf Camps e a FGS.


Campionato Galego de Volei

Este domingo 13 no pavillón de Dumbria disputarase o campionato galego de voleibol na categoria infantil masculino na que o conxunto do Manuela Rial ten opcións de acadar o campionato despois de quedar en primeira posición na liga regular.
O campionato comeza as 10:00h coa primeira semifinal entre o Emeve de Lugo e Calasancias da Coruña e a continuación as 12:00h disputarase a outra semifinal co Manuela Rial de Cee e o Teis de Vigo. Os perdedores das semifinais disputaran pola tarde as 17:00h o 3º e 4º posto e os vencedores xogarán a gran final as 19:00h.

O equipo do Manuela Rial composto por Manuel Marcote, David Redonda, José Miguel Caamaño, Chema Bermúdez, Manoliño Abuelo, Xavi Soto, Maikel Cambeiro, Unai Larrañaga, Alberto Sampedro, Samuel Sambade e Juan Bautista Marcote ten que refrendar a sua superioridade demostrada durante a liga regular e conseguir o campionato e o dereito a participar no campionato de España que se celebrara en Guadalajara en xuño.


Balonmán

Mentres Carballo vivirá unha completa xornada cos Campionato provincial de balonmán alevín, benxamín e infantil, o corazón xiriareiro estará en Almería, onde o cadro xuvenil xa está para disputar a Fase Final do Campionato de España, que escollerá ao mellor equipo do estado da categoría. Os Ifecgas Pereira Xiria competirán nada menos que contra o Barcelona, Ciudad Real, Carboneras para intentar clasificarse á final.

Entrementres en Carballo serán máis de 400 cativos de toda Galicia os que enchan de balonmán os pavillóns Carballo Calero, Vila de Noia e Fogar da capital carballesa durante ao longo do sábado 12 de maio.


Tenis de mesa

Esta fin de semana celébranse os provinciais escolares (este sábado 12 de maio), e o campionato galego infantil (domingo) no pavillón do Campo da Serra de Narón, de 10 da mañá a 20:00h da tarde.


Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios