Camariñas prepárase para a 1ª Ruta BTT da Caramiña


Xa está todo preparado para "1ª Ruta BTT da Caramiña, Concello de Camariñas" artellada polo Concello e polo Clube PC Baikers do Vilán. I é que as bicis de montaña están de moda, non cabe dúbida, e amantes de todo o país está pendente da cita do vindeiro domingo 13 de maio de 2012 a partir das 9:30 horas.
A entrega de dorsais será a partir das 8:30 no pavillón polideportivo. Haberá dúas rutas, unha longa de 60km e outra curta de uns 40km, pois haberá un tempo de corte de 1h 40’ e a partir deste momento desviarase a toda a xente para a ruta corta.
Ao final da marcha haberá comida no pavillón e entrega de obsequio para tódolos participantes.
Apúrense para inscribirse que o prazo remata este domingo, xa hai máis de 100 apuntados e o límite de inscrición é de 250 "beteteros".
Inscricións:
- Data límite inscricións: Domingo 6 de maio do 2012 as 00:00 horas.
- Precio 10 euros a ingresar no nº de conta do BBVA: 0182-5235-16-0201567051(INDICAR EN CONCEPTO "INSCRICIÓN RUTA BTT DA CARAMIÑA").
- Enviar correo co resgardo bancario da transferencia o mail: pcbaikersdovilan@hotmail.es , indicando nome, DNI, data de nacemento e procedencia.
- Límite de inscricións 250 participantes.
Máis información
- Wikiloc: Ruta Corta da 1ª Ruta BTT da Caramiña.
Novas relacionadas
- Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
Máis novas
- O PonteAventura Raid colocou a Ponteceso no centro do deporte de aventura do país.
- Os vimianceses corren a pé e suben en bici.
- Sentindo o Camiño.
- Zas disfrutou dunha fin de semana de bici e aventura.
- Ponteceso colleu a bici.
- Cee apagou o motor e colleu a bici.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.