Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana na Costa

Axenda deportiva da fin de semana na Costa
Imaxe do Esteirana-Baio-Foto- Santi Diaz

Nova fin de semana esta do ecuador de febreiro, con moito deporte en xogo. Volei, balonmán, fútbol sala feminino...

E como non #futboldacosta, e ademais de traer o parte de sancións (o festivo do martes provoca que o Federación non o publique ata hoxe venres) comezamos a Previa da xornada pola Preferente, na que lle toca descansar ao Dumbría, unha parada que non lle virá mal tras dúas derrotas consecutivas. Pola súa banda o XSC necesita recuperar a boa liña tras 4 derrotas nos últimos 5 partidos e terá que visitar un Lemos regular. Non está moito mellor o Soneira que terá un partido moi importante para evitar que os de abaixo lle recorten. O propio Carral está a 9 puntos, e de vencer os soneiráns case que esquecerían o descenso.

Derbi clave na 1ª Autonómica que se presenta como o partido da fin de semana na Costa. Ponteceso e Fisterra, con só 2 puntos de diferencia a favor dos fisterráns, enfróntanse no Pinguel nun partido dos de 7 puntos, xa que ata o golaverage vale tralo 1-1 da ida. Ademais o Camariñas, tan necesitado como os veciños poderá meter ao Lamela en problemas e de paso sumar 3 puntos vitais. E por arriba, o Malpica querrá seguir escadando e achegándose ao trío de cabeza na Pobra.

Todos os partidos da 2ª Autonómica quedan para o domingo, e se ben non hai enfrontamentos directos, si que teremos varios e interesantes derbis. Como o Montelouro-Esteirana, con dous equipos en dúas ligas distintas, pero que nestes partidos nada importa. O Corme recibirá aos veciños de Buño e o Carnota aos sureños do Volantes, noutro choque de alta voltaxe.

Descansa o IDC na 3ª Autonómica dende a súa posición de líder, polo que o Camelle pode asaltar o liderato en solitariose vence no sempre complicado e tenso Arliña. O Porteño necesita recuperar a liña de vitorias tralo descanso, pois só gañou na primeira xornada deste 2013. Pero en fronte terá un Laxe que está en plena loita pola 6ª praza, precisamente co Muxía, entre outros. Atentos teremos que estar tamén ao Coristanco-Soneira B e ao Cerqueda-Baíñas, con esas prazas de ascenso no aire.

En Xuvenís volve estar a Liguilla Previa de Ascenso moi interesante trala vitoria do Malpica co Santa Comba. Xalleiros seguen compartindo o liderato co cabana, pero ambos terán que defendelo ante o Fisterra os verdes e laranxas e ante un deshauciado Ponteceso os rossoneros.

Sancionados

Preferente

  • AARÓN LÓPEZ (DUMBRÍA).
  • ISMAEL ROMERO (DUMBRÍA).
  • DANI CASAL (DUMBRÍA).

Aperc. Pref:
- JAVI SOUTO (SONEIRA).
- GUILLERMO RIOS (XSC).
- MARTÍN BARDANCA (XSC).

2ª Autonómica

  • ELOY VILAS MATO Jugador C.D. BAYO).
  • SIMON FIGUEIRAS GALLARDO Jugador S.D. ESTEIRANA).
  • ROBERTO PEREIRA ALLO Jugador C.F. DUMBRIA "B").
  • RODRIGO QUINTELA MOURELLE Jugador MAZARICOS).
  • JOSE COUSO GRILLE Entrenad. MAZARICOS).
  • ALFREDO PEREIRO SUAREZ Jugador SPORTING ZAS).
  • IVAN MACEIRAS LAGO Jugador U.D. CARNOTA - 3 partidos).
  • ALEJANDRO CARBALLO RODRIGUEZ Jugador CABANA).
  • FRANCISCO PIÑEIRO MARTINEZ Jugador VOLANTES DE BAÑO).
  • BRUNO FERREIRO ESPASANDIN Jugador S.D. CASTRIZ).

Aperc. 2ª:
- ANGEL FERNANDEZ PRIEGUE Jugador S.D. ESTEIRANA).
- JESUS G MARTINEZ FRAGA Jugador C.F. DUMBRIA "B").
- ISMAEL LEIS CALO Jugador U.C. CEE).
- LUCAS RIAL ALVAREZ Jugador CORME C.F.).
- SAUL FERNANDEZ SANTIAGO Jugador OUTES C.F.).
- ALBERTO MATA CAAMAÑO Jugador S.D. CASTRIZ).

3ª Autonómica

  • HERMINIO LEIS DOMINGUEZ Jugador LIRA).
  • MANUEL GOYANES CAMBEIRO Jugador LIRA).
  • FRANCISCO FIGUEROA GARCIA Jugador LIRA).
  • SANTIAGO CUBELO SENANDE Jugador LIRA).
  • GERMAN CARBALLO VALIÑA Jugador C.F. CASTRELO).
  • DANIEL FACAL ABELENDA Jugador S.D. ALCAIAN).
  • MATEO CAAMAÑO BLANCO Jugador S.D. AMEIXENDA).
  • CARLOS A ORTIZ ROCHICCIOLI Colabor. S.D. CORISTANCO - 3 Semanas).

Aperc. 3ª:
- SERGIO MATO SOUTULLO Jugador S.D.C. CORCOESTO).
- JUAN C SEOANE VAZQUEZ Jugador C.F. CASTRELO).
- HECTOR GONZALEZ BLANCO Jugador C.D. BAIÑAS).
- MARCOS PICHEL GOMEZ Jugador S.D. ALCAIAN).

Xuvenís

  • MANUEL RECAREY RIAL Jugador PUENTECESO).
  • JOSE A MATO GARCIA Delegado CABANA).
  • SAMUEL CARBALLO RODRIGUEZ Jugador CABANA).

Partidos da fin de semana

Preferente, xornada 25

Lemos 17/02 - 16:30 Xallas StComba
Carral 17/02 - 17:00 Soneira
  • Descansa Dumbría.

1ª Autonómica, xornada 23

Camariñas 17/02 - 16:30 Lamela
Puebla 17/02 - 17:00 Malpica
Ponteceso 17/02 - 17:30 Fisterra

2ª Autonómica, xornada 23

Montelouro 17/02 - 16:15 Esteirana
Muros 17/02 - 16:15 San Lorenzo
Mazaricos 17/02 - 16:15 Cee
Zas 17/02 - 16:15 Corcubión
Corme 17/02 - 16:15 Buño
Carnota 17/02 - 16:15 Volantes
Baio 17/02 - 17:00 Dumbría B
Sofán 17/02 - 17:00 Cabana
Outes 17/02 - 17:00 Castriz

3ª Autonómica, xornada 23

Laxe 16/02 - 16:15 Porteño
Xaviña 16/02 - 18:15 Ameixenda
Muxía 17/02 - 16:15 Camelle
Corcoesto 17/02 - 16:15 Castrelo
Alcaián 17/02 - 16:15 Nantón
Coristanco 17/02 - 16:15 Soneira B
Cerqueda 17/02 - 17:00 Baíñas
  • Descansa Indep. Carballo.
  • O Lira suma os 3 puntos do partido co Fisterra B (0-2).

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Malpica 16/02 - 11:30 Dumbría
Ponteceso 16/02 - 16:15 Cabana
Xallas StComba 16/02 - 16:30 Fisterra

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 5

Camariñas 16/02 - 15:45 Baio
Outes 16/02 - 16:00 Laxe
Muros 16/02 - 16:00 Muxía

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 5

Corme 16/02 - 11:45 Esteirana
Soneira 16/02 - 12:00 Coristanco
Mazaricos 16/02 - 16:15 Cee

Liga Galega Cadete, xornada 22

Bergantiños 16/02 - 16:00 Lugo B
Coruñés 17/02 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 2

Pabellón 16/02 - 12:15 Bergantiños

Liga Galega Infantil, Playoff de Descenso, Norte B, xornada 2

Dumbría 17/02 - 11:00 Lalín

1ª Cadete, xornada 15

Outes 16/02 - 10:30 Cee
Esteirana 16/02 - 10:30 Coristanco
Con. de Carnota 16/02 - 10:30 StComba
Baio 16/02 - 10:30 Ponteceso
Zas 16/02 - 11:00 Muros
Fisterra 16/02 - 12:00 Cabana
Porteño 16/02 - 16:15 Muxía

1ª Infantil, xornada 19

Os Miudos 16/02 - 12:00 Cabana
Cee 16/02 - 18:00 Vimianzo
Baio 17/02 - 10:30 Outes
Corme 17/02 - 10:30 Fisterra
Muxía 17/02 - 10:30 Ponteceso
As Baleas 17/02 - 10:30 Coristanco
Xallas StComba 17/02 - 12:00 Esteirana
  • Descansa Sofán.

Ligas de Veteranos, xornada 22

1ª División

Castriz 17/02 - 10:00 San Lorenzo
Soneira 17/02 - 10:00 Vimianzo
Bergantiños 17/02 - 10:00 Camariñas
Ponteceso 17/02 - 11:00 Nantón
Coristanco 17/02 - 11:00 Bértoa
Corcubión Vet. 17/02 - 11:00 Baio
Xv. Bergantiños 17/02 - 11:00 Zas
Cabana 17/02 - 11:00 San Román

2ª División

Muros 17/02 - 10:00 Leiloio
Cerqueda 17/02 - 11:00 Corcoesto
Agualada 17/02 - 11:00 Porteño
Malpica 17/02 - 11:00 Dep. Carballo
Laxe 17/02 - 11:00 Corme
Sofán 17/02 - 12:00 Camelle
Poniente 17/02 - 12:00 At. Milagrosa

Fútbol Sala

- 2ª Estatal: Fisober C. Vimianzo - Stilo: sábado, 16 de febrero de 2013 - 20:00 - P.M. DE VIMIANZO.

- 1ª Autonómica:
- C.D. Fame Negra – Concello de Ponteceso F.S.F.: sábado 16/02/2013 ás 16:00 no Polideportivo de O Espiño.
- Esteirana – Espartanas F.S.: sábado 16/02/2013 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
- Fisober B descansa.


Balonmán

- 1ª Autonómica: o partido do próximo fin de semana en Camariñas ante o líder, Vitaldent Balonmano Pontevedra, será o test que marque a recuperación do bo xogo do equipo camariñan. .
- 1ª Estatal: A vindeira xornada o balonmán volve a Carballo. Será nun duro partido ante o Seis do Nadal.


Volei

Este sabado un só partido, o das cadetes do Voleibol Dumbría ás 12:00 h en Pontevedra contra CV Pontevedra.


Tenis de mesa

Este sábado 16 de febreiro:

2ª división galega grupo centro en Noia:
- 16'00 h. Liceo Noia "B" - Anorthosis Vimianzo.
- 18'30 h. Liceo Noia "B" - Concello de Zas Aquacenit.

3ª división galega grupo noroeste en Oleiros (pavillón de Bastiagueiro):
- 16'00 h. Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Gaiteiro.
- 18'00 h. Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Pinar.


Baloncesto

- Sénior Feminino: E.S. Bazarra S.L. ACB Costa da Morte - Cambre: 17-2 ás 17:00.
- Sénior Masculino: ACB Costa da Morte - Noia: 17-2 ás 19:00.
- Cadete Feminino: CB As pontes - ACB Costa da Morte: 16-2 ás 18:00.
- Cadete Masculino: ACB Costa da Morte - Basket Coruёa 97: 17-2 ás 12:00.
- Infantil Feminino: Basket Coruña Maristas A - ACB Costa da Morte: 17-2 ás 12:00.
- Infantil Masculino: Ferroatlсntica ACB Costa da Morte - Xiria Basket: 16-2 ás 12:00.
- Alevín Feminino: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - Emilia Pardo Bazan: 16-2 ás 11:00.
- Alevín Masculino: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - STA. Maria del Mar: 16-2 ás 11:00.


Baile Deportivo

Despois do éxito acadado en Valencia, este proximo domingo, 5 parellas do clube Arte e Movemento participaran no I trofeo Vila de Vilalba, sendo esta unha proba puntuable para o ranking nacional.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios