xoves. 05.06.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana na Costa da Morte

Axenda deportiva da fin de semana na Costa da Morte
Montelouro-Sofan-Foto- Jorge Parri

Nova fin de semana completa de deporte na Costa da Morte. Ademais do fútbol, teremos baloncesto, fútbol sala, volei, tenis de mesa, balonmán... Pero os ollos estarán postos en Portugal, onde o piloto de quads dumbriés Toni Trillo loitará por un posto no podio da Taça Ibérica, unha das probas máis esixentes do ano.

Tras velo parte de sancións e ver a vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía, repasamos a previa da xornada no fútbol da Costa.

E a novidade está no comezo das Ligas Comarcais LCFs que artella o Clube Deportivo Costa da Morte. Así as categorías benxamín, alevín e infantil xa están en marcha dende este sábado.

Comezamos pola Preferente, na que lle toca descansar ao Xallas Santa Comba esperando que os rivais non sumen. Pola súa parte o Dumbría non pode fallar ante o Páramo, e o Soneira visita a complicada cancha do Dubra.

En , o Fisterra xoga o sábado ante o Flavia, e pode ser unha boa xornada para superar ao cadro padronés e escalar posicións. O Ponteceso visita, tamén o sábado, un rival próximo como é o Pobra. Ademais, o Camariñas terá unha saída máis que complicada contra o Villestro, mentres que o Malpica quere seguir loitando aí arriba e terá partido asequible en Pedra Queimada ante o Unión.

A Liga da Costa abre o sábado con un choque entre o penúltimo, o Cabana, e o líder, a Esteirana. Pero o partido da semana será o domingo no Carral, con un Sofán-Corme en todo o alto. Haberá outros choques interesantes, como o Volantes-Baio ou o partido dos equipos revelacións, Carnota-Zas.

En 3ª, o líder recibe ao Fisterra B, mentres que o Camelle visita ao Baíñas e o Independiente fará o propio en Nantón. Ademais, o Ameixenda-Lira será un fermoso encontro, así como o Laxe-Cerqueda.

Atentos ao grupo norte da Liga Xuvenil, cun Cabana-Malpica tremendamente intenso.

Preferente, xornada 13

Dumbría 17/11 - 18:15 O Paramo
Dubra 18/11 - 16:30 Soneira
  • Descansa Xallas de Santa Comba.

1ª Autonómica, xornada 12

Fisterra 17/11 - 16:30 Flavia
Puebla 17/11 - 16:30 Ponteceso
Villestro 18/11 - 16:00 Camariñas
Malpica18/11 - 16:15Unión

2ª Autonómica, xornada 12

Cabana 17/11 - 18:00 Esteirana
Cee 18/11 - 16:15 Montelouro
Corcubión 18/11 - 16:15 San Lorenzo
Volantes 18/11 - 16:15 Baio
Castriz 18/11 - 16:15 Muros
Carnota 18/11 - 16:15 Zas
Sofán 18/11 - 16:15 Corme
Buño 18/11 - 17:00 Dumbría B
Outes 18/11 - 17:00 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 12

Ameixenda 17/11 - 16:15 Lira
Laxe 17/11 - 16:15 Cerqueda
Baíñas 18/11 - 16:00 Camelle
Nantón 18/11 - 16:15 Indep. Carballo
Porteño 18/11 - 16:15 Fisterra B
Coristanco 18/11 - 16:15 Corcoesto
Alcaián 18/11 - 16:15 Xaviña
Soneira B 18/11 - 18:30 Muxía
  • Descansa Castrelo.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 12

Fisterra 17/11 - 12:00 Mazaricos
Dumbría 17/11 - 16:00 Corcubión
Muros 17/11 - 16:15 Cee
Xallas StComba 17/11 - 16:15 Soneira
Outes 18/11 - 19:00 Esteirana

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 12

Laxe 17/11 - 12:00Baio
Cabana 17/11 - 16:00 Malpica
Corme 17/11 - 16:15 Zas
Camariñas 17/11 - 16:15 Muxía
Ponteceso 18/11 - 12:00 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada10

Bergantiños 17/11 - 16:00 Residencia
Conxo 18/11 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada11

Dumbría 17/11 - 11:00 Galicia Caranza
Viveiro 17/11 - 12:15 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 4

Muros 17/11 - 10:30 Outes
Coristanco 17/11 - 10:30 Cee
Muxía 17/11 - 10:30 Zas
Baio 17/11 - 10:30 Fisterra
Xallas StComba 17/11 - 11:00 Esteirana
Cabana 17/11 - 11:30 Porteño
Ponteceso 17/11 - 16:00Con. de Carnota

1ª Cadete, xornada 4

Muros 17/11 - 10:30 Outes
Coristanco 17/11 - 10:30 Cee
Muxía 17/11 - 10:30 Zas
Baio 17/11 - 10:30 Fisterra
Xallas StComba 17/11 - 11:00 Esteirana
Cabana 17/11 - 11:30 Porteño
Ponteceso 17/11 - 16:00 Con. de Carnota

1ª Infantil, xornada 9

E.M.F. Vimianzo 17/11 - 17:00 Cabana
Cee 17/11 - 18:00 Ponteceso
Esteirana 18/11 - 10:30 Outes
Sofán 18/11 - 10:30 Fisterra
Xallas StComba 18/11 - 10:30 Coristanco
Baio 18/11 - 10:30 As Baleas
E.D. Os Miudos 18/11 - 11:45 Muxía
  • Descansa Corme.

Ligas de Veteranos, xornada 10

1ª División

Soneira 18/11 - 10:00 Ponteceso
Bergantiños 18/11 - 10:00 Bértoa
Coristanco 18/11 - 11:00 Cabana
Nantón 18/11 - 11:00 Castriz
San Lorenzo 18/11 - 11:00 Baio
Zas 18/11 - 11:00 Vimianzo
Camariñas 18/11 - 11:00 San Román
Corcubión Vet. 18/11 - 11:00 Xv. Bergantiños

2ª División

Muros 18/11 - 10:00 Buño
Agualada 18/11 - 11:00 Leiloio
Malpica 18/11 - 11:00 Corcoesto
Laxe 18/11 - 11:00 Dep. Carballo
Corme 18/11 - 11:00 At. Milagrosa
Poniente 18/11 - 12:00 Camelle
Sofán 18/11 - 17:00 Cerqueda
  • Descansa Porteño.

Fútbol Sala

O Fisober desplazase a Logroño na disputa da 6ª xornada da 2ª División. Ás 17:30 h no Polideportivo Gonzalo de Berceo de Logroño o Fisober enfrontarase ó 4 Arcos Logroño. A expedición sairá de Vimianzo o sábado ás 06:30h e o adestrador vimiancés podera contar ca totalidad da plantilla.
O equipo rioxano a pesar de estar último clasificado e non coñecer a vitoria é o equipo menos goleado da categoría con tan so 8 goles encaixados polo que as xogadoras da Costa da Morte non terán un partido doado.

2ª División Estatal:
- Club Cuatro Arcos Logroño FS – Fisober: 17/11/12 ás 17:30

Liga Provincial:
- Concello de Ponteceso F.S.F. – C.D. Fame Negra: 17/11/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
- Espartanas F.S- Esteirana: 17/11/2012 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores.
- Fisober B descansa.


Volei

Sabado 17:
- 10:00: Cadete feminino: Voleibol Dumbría- Pontevedra;
- 11.30: Infantil feminino: Manuela Rial-Noia.


Balonmán

- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado viaxa o Camariñas a unha pista dificil, que é o Pavillón Virxe dos Remedios da capital das burgas, para xogar contra o Balonmán Pavillón Ourense, un equipo que gustou moito cando nos visitou na primeira volta.

- 1ª Estatal: O Grupo Covadonga será o próximo rival desta volta no Pavillón Municipal Vila de Noia, o sábado ás 18:00 horas.


Tenis de mesa

O sábado 17 de novembro no ximnasio do CPI de Zas:

* 2ª galega grupo centro:
- 16:00h: Anorthosis Vimianzo – Escola Lalín;
- 18.30h: Concello de Zas Aquacenit – Escola Lalín.

* 3ª galega grupo noroeste:
- 16:00h: Concello de Zas O Gaiteiro – Breogán Oleiro “E”;
- 18:30h: Concello de Zas O Pinar – Breogán Oleiros “E”.


Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Comentarios