Axenda deportiva da ponte dos difuntos


E adiantamos a Axenda Deportiva pois esta longa ponte dos Difuntos trae partidos dende hoxe mesmo, mércores 31 de outubro. E agás o venres, cada día haberá diferentes encontros. Así ata completar nada menos que 65 partidos durante estes 4 días.
Pero tamén haberá fútbol sala, volei e balonmán. Ademais, comeza o baloncesto con varios equipos do ACB Costa da Morte.
E vaia dous partidazos na Preferente. O choque máis interesante para a Costa será o derbi que se adianta ao sábado no Conco no que Dumbría e Soneira medirán forzas nun momento doce para ambos. Pero o choque máis importante da xornada na Preferente xogarase en Grixoa, onde o XSC tenterá recurtar puntos co líder.
En 1ª, 2 partidos adiantados ao sábado, con choques complicados para os Camariñas e Fisterra. Pero o Malpica-Noia (3º contra 2º) será o partido máis intenso e será unha proba de lume para saber as posibilidades dos de Baña de manterse arriba. Ademais, o Camariñas poderá sumar en Piloño e o Fisterra quere continuar coa boa racha na casa ante un Lamela que ten a tiro. O Ponteceso, terá un complicado, un Villestro que este ano vén forte.
Na 2ª Autonómica, o líder terá unha complicada saída en Lombáns, onde o Carnota está implacable xa na 4ª praza. Ademais, a Esteirana visita o sábado o Cubaleiro ante un Corcubión en continua melloría. O Cee recibe ao Dumbría B, que quere manter a boa liña dos últimos encontros.
Descansa o Camelle na xornada da 3ª, polo que Porteño e Independiente buscarán aproveitalo. Os da Ponte reciben ao Corcoesto mentres que os carballeses terán que visitar ao Baíñas. O partido máis igualado será o Soneira B-Cerqueda que pode deixar a un dos dous descolgado. Ademais, o Ameixenda recibe a un Fisterra B que quere amarrarse ao vagón de perseguidores.
A xornada dos Xuvenís comeza hoxe mesmo, co Ponteceso-Camariñas, no que o colíder querrá manter a súa privilexiada praza. Ademais, a golpe de xoves dispútanse varios partidos, en Muros, Fisterra e Outes, ademais do Baio-Muxía aprazado da xornada 2 por mor da Barca.
Nas Ligas Galegas, esta longa ponte haberá derbis da zona. Bergantiños e Dumbría enfróntanse, pero en días separados pois os infantís terán doble xornada.
E atentos, que este xoves xa hai partidos na Liga Infantil.
Preferente, xornada 11
Dumbría | 03/11 - 16:30 | Soneira |
Grixoa | 04/11 - 16:30 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 10
Fisterra | 03/11 - 16:15 | Lamela |
Malpica | 04/11 - 16:15 | Noia |
Piloño | 03/11 - 16:30 | Camariñas |
Villestro | 04/11 - 16:00 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 10
Corcubión | 03/11 - 16:15 | Esteirana |
Cabana | 03/11 - 18:00 | Muros |
San Lorenzo | 04/11 - 16:15 | Montelouro |
Cee | 04/11 - 16:15 | Dumbría B |
Castriz | 04/11 - 16:15 | Zas |
Carnota | 04/11 - 16:15 | Sofán |
Volantes | 04/11 - 16:30 | Mazaricos |
Buño | 04/11 - 17:00 | Baio |
Outes | 04/11 - 17:00 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 10
Castrelo | 03/11 - 16:00 | Lira |
Laxe | 03/11 - 16:15 | Alcaián |
Ameixenda | 03/11 - 17:30 | Fisterra B |
Soneira B | 03/11 - 18:30 | Cerquedav |
Baíñas | 04/11 - 16:15 | Indep. Carballo |
Nantón | 04/11 - 16:15 | Muxía |
Porteño | 04/11 - 16:15 | Corcoesto |
Coristanco | 04/11 - 16:15 | Xaviña |
- Descansa Camelle.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 10
Muros | 01/11 - 16:00 | Soneira |
Fisterra | 01/11 - 17:00 | Esteirana |
Outes | 01/11 - 19:00 | Dumbría |
Mazaricos | 03/11 - 16:15 | Cee |
Xallas StComba | 03/11 - 16:30 | Corcubión |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11
Ponteceso | 31/10 - 20:00 | Camariñas |
Corme | 01/11 - 16:00 | Malpica |
Laxe | 03/11 - 12:00 | Coristanco |
Cabana | 03/11 - 16:00 | Muxía |
Baio | 03/11 - 16:15 | Zas |
- Baio - Muxía (1-11-2012; 16:00h) Apraz. X.2.
Liga Galega Cadete, xornada 8
Bergantiños | 04/11 - 11:00 | Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 8
Bergantiños | 01/11 - 10:30 | Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 9
Xuventude Oroso | 03/11 - 11:00 | Bergantiños |
Dumbría | 03/11 - 12:00 | Foz |
1ª Cadete, xornada 2
Cee | 03/11 - 10:30 | Outes |
Muros | 03/11 - 10:30 | Zas |
Muxía | 03/11 - 10:30 | Porteño |
Coristanco | 03/11 - 10:30 | Esteirana |
Cabana | 03/11 - 10:30 | Fisterra |
Xallas StComba | 03/11 - 11:00 | Con. de Carnota |
Ponteceso | 03/11 - 16:00 | Baio |
1ª Infantil, xornada 7
Sofán | 01/11 - 10:30 | Outes |
Baio | 01/11 - 11:30 | Ponteceso |
E.M.F. Vimianzo | 01/11 - 17:00 | Esteirana |
Cee | 02/11 - 17:00 | Cabana |
Os Miudos | 02/11 - 17:00 | Coristanco |
Corme | 04/11 - 10:30 | As Baleas |
Xallas StComba | 04/11 - 12:00 | Fisterra |
- Descansa Muxía.
Ligas de Veteranos, xornada 8
1ª División
Cabana | 04/11 - 11:00 | Nantón |
Ponteceso | 04/11 - 11:00 | Coristanco |
Castriz | 04/11 - 10:00 | Bértoa |
Soneira | 04/11 - 10:00 | San Lorenzo |
Bergantiños | 04/11 - 11:00 | Vimianzo |
Baio | 04/11 - 11:00 | Camariñas |
Corcubión Vet. | 04/11 - 11:00 | Zas |
Xv. Bergantiños | 04/11 - 11:00 | San Román |
2ª División
Cerqueda | 04/11 - 11:00 | Leiloio |
Agualada | 04/11 - 11:00 | Corcoesto |
Sofán | 04/11 - 10:30 | Porteño |
Malpica | 04/11 - 11:00 | Camelle |
Poniente | 04/11 - 10:00 | Buño |
Laxe | 04/11 - 11:00 | At. Milagrosa |
Muros | 04/11 - 11:00 | Corme |
- Descansa Dep. Carballo.
Fútbol Sala Feminino
2ª Estatal:
- Flaviobriga FSF - Fisober Concello de Vimianzo.
Liga Provincial:
- Espartanas F.S. - Concello de Ponteceso F.S.F.: 03/11/2012 ás 20:00 no San Francisco Javier.
- C.D. Mabegondo - Esteirana: 03/11/2012 ás 20:00 no Pabellon de San Marcos.
- Fisober F.S.F. "B" - Viaxes Amarelle F.S.: 03/11/2012 ás 16:00 no Municipal de Vimianzo.
Baloncesto
Comeza a tempada para os equipos do ACB Costa da Morte, Esta ponte tocan partidos no Pavillón municipal de Cee:
- Xoves, 1 de novembro:
- 2ª división feminina: E.S. Bazarra Acb Costa da Morte - Pulpalia ás 17:00h. - Sábado, 3:
- Infantil masculino: ACB Costa da Morte - Culleredo ás 16:00h.
- Infantil feminino: ACB Costa da Morte - Montrove ás 18:00h.
- Cadete feminino: ACB Costa da Morte - Sta Mª del Mar ás 20:00h. - Domingo, 4:
- 3ª división senior masculina - grupo Santiago:
- ACB Costa da Morte - Infortecny ás 17:00h.
Balonmán
- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado desprázase o equipo a Lalín, que ante o Deza espérase amose a fortaleza que está mostrando nos partidos de casa e consiga un resultado positivo que o manteña na cabeza da táboa.
- 1ª Estatal: A liga depara un clásico xa no balonmán galego entre o Calvo Xiria e o Bm Cisne no que suporán dous importantísimos punto en xogo. A cita no Municipal Vila de Noia, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.
Volei
A xornada do fin de semana adiantase o xoves no pabellon de Dumbría:
- 10:30h: infantil femenino: Manuela Rial- Cambados.
- 10:30h: Cadete masculino: Voleibol Dumbría-Sansa.
- 12:00h: Cadete femenino: Voleibol Dumbría- Cambados.
- 12:30h: Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría-Sansa.
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: Xornada quente.
- 3ª Autonómica: Os 3 de arriba estiran a táboa.
- 2ª Autonómica: Sorpresas arriba e os de abaixo levantan cabeza.
- 1ª Autonómica: Fisterra sae do pozo e Malpica colócase 3º.
- Preferente: Unha vitoria, unha derrota e un empate con lesión.
- Resultados dunha xornada chea de sorpresas.
Artigos deportivos
- Alberto Pose: A armada costeira no Cerceda.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).