Axenda Deportiva da primeira fin de semana de outubro


Primeira fin de semana e xa está case completa a Axenda deportiva da fin de semana. Comeza o Fisober na súa andaina pola 2ª Nacional, e comeza a tempada de Volei en Cee e Dumbría despois da exitosa tempada anterior. En liza seguen as ligas de balonmán (comezamos a repasar tamén a actualidade do Bm. Encaixe feminino); e mais o tenis de mesa. Ademais hai reunión do Clube Costa da Morte para as ligas dos máis pequenos. Pero antes, coma sempre, repasamos a previa do #fútboldaCosta, que neste mes de outubro xa adianta o horario habitual ás 16:30h.
O partido da fin de semana é, sen dúbida, o derbi na 1ª entre Fisterra e Ponteceso, que se celebrará o sábado en Ara Solis con dous equipos bastante necesitados. Ademais, o Camariñas visita tamén o sábado o campo do Lamela e quere resarcirse da derrota en casa da última xornada; mentres que o Malpica terá un rudo encontro ante o Pobra na Pedra Queimada.
Na Preferente o Xallas de Santa Comba querrá aproveitar que o colíder, o Boiro, ten unha difícil saída ante o Ribadeo, 3º a 2 puntos de xalleiros e boirenses. Pero terán que ir a Laracha os de Corredoira, polo que a cousa non será fácil. Pola súa banda, o Soneira tamén terá unha complicadísima saída ante o Grixoa, mentres que o Dumbría volve tralo descanso visitando un Taboada na zona morna, onde poderá poñer en práctica o seu letal contragolpe.
Na Liga da Costa, o líder xogará nas Redondas o único partido adiantado da xornada, ante un Cabana que precisa estrear o taboleiro se non quere perder o tren. Para o domingo quedan partidazos como o Esteirana-Montelouro, que enfrontará a dous equipos que había tempo non estaban tan fortes.
Tócalle descansar ó líder da 3ª da Costa, o Independiente Carballo, tras 5 vitorias en 5 partidos. Ademais, na xornada hai 5 partidos adiantados ó sábado destacando o Porteño-Laxe e o Camelle-Ameixenda.
En Xuvenís polo sur, o líder XSC terá que enfrontarse a un Mazaricos que chega con moita forza a tan só 1 punto, mentres que o Dumbría recibe a un Cee en proceso de mellora; e o Fisterra ó Outes. Ademais, por abaixo, Soneira ou Esteirana, ou ambos, estrearán o seu marcador.
Polo Norte, coa igualdade como protagonista, haberá varios choques directos entre os de arriba, como o Cabana-Baio, o Ponteceso-Laxe (que se adianta ó venres) ou o Malpica-Coristanco.
Reunión do Clube Cosa da Morte cos Técnicos municipais
O Club Deportivo Costa da Morte informa, que o vindeiro venres 5 de outubro de 2012, terá lugar no terceiro andar da Casa do Concello Vimianzo, as 10:30 horas, unha reunión dos Técnicos Deportivos Municipais e responsables de deportes dos Concellos de Camariñas, Corcubión, Carnota, Cee, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Muxía.
Tratarase o Informe do delegado de zona sobre trasporte, arbitraxes... para as competición de deporte en idade escolar patrocinadas pola Xunta de Galicia. Artellarase ademais as Liga de fútbol sala de base Costa da Morte tempada 2012-2013 e as Xornadas de patinaxe en idade escolar.
E sen máis, repasamos os partidos:
Preferente Norte, xornada 7
Laracha | 07/10 - 12:00 | Xallas StComba |
Grixoa | 07/10 - 16:30 | Soneira |
Taboada | 07/10 - 17:30 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 6
Fisterra | 06/10 - 16:30 | Ponteceso |
Lamela | 06/10 - 17:00 | Camariñas |
Malpica | 07/10 - 16:00 | Puebla |
2º Autonómica, xornada 6
Cabana | 06/10 - 18:00 | Sofán |
Esteirana | 07/10 - 16:30 | Montelouro |
Dumbría B | 07/10 - 16:30 | Baio |
San Lorenzo | 07/10 - 16:30 | Muros |
Cee | 07/10 - 16:30 | Mazaricos |
Corcubión | 07/10 - 16:30 | Zas |
Castriz | 07/10 - 16:30 | Outes |
Buño | 07/10 - 17:00 | Corme |
Volantes | 07/10 - 17:00 | Carnota |
3º Autonómica, xornada 6
Camelle | 06/10 - 16:30 | Muxía |
Ameixenda | 06/10 - 16:30 | Xaviña |
Soneira B | 06/10 - 16:30 | Coristanco |
Porteño | 06/10 - 17:00 | Laxe |
Castrelo | 06/10 - 18:00 | Corcoesto |
Lira | 07/10 - 16:30 | Fisterra B |
Baíñas | 07/10 - 16:30 | Cerqueda |
Nantón | 07/10 - 16:30 | Alcaián |
- Descansa o Independiente Carballo.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 6
Soneira | 06/10 - 11:00 | Esteirana |
Xallas StComba | 06/10 - 12:00 | Mazaricos |
Muros | 06/10 - 16:30 | Corcubión |
Outes | 06/10 - 16:30 | Fisterra |
Dumbría | 06/10 - 16:30 | Cee |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 6
Ponteceso | 05/10 - 20:00 | Laxe |
Camariñas | 06/10 - 11:15 | Zas |
Cabana | 06/10 - 16:00 | Baio |
Corme | 06/10 - 16:30 | Muxía |
Malpica | 06/10 - 16:30 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 4
Villalbés | 06/10- 17:00 | Dumbría |
Bergantiños | – | Calasanz |
Liga Galega Infantil, xornada 4
Lugo | 06/10- 12:00 | Dumbría |
Bergantiños | 07/10- 12:00 | Orillamar |
Liga Infantil, xornada 3
Os Miudos | 06/10 - 10:30 | Outes |
Cee | 06/10 - 12:00 | Sofán |
Xallas StComba | 06/10 - 16:30 | E.M.F. Vimianzo |
Baio | 07/10 - 10:30 | Esteirana |
Corme | 07/10 - 10:30 | Cabana |
Muxía | 07/10 - 10:30 | Fisterra |
As Baleas | 07/10 - 10:30 | Ponteceso |
- Descansa o Coristanco.
Ligas de Veteranos, xornada 4
1ª División
Soneira | 07/10 - 10:00 | Xv. Bergantiños |
Bergantiños | 07/10 - 10:00 | San Román |
Ponteceso | 07/10 - 11:00 | San Lorenzo |
Nantón | 07/10 - 11:00 | Vimianzo |
Coristanco | 07/10 - 11:00 | Camariñas |
Corcubión Vet. | 07/10 - 11:00 | Castriz |
Zas | 07/10 - 11:00 | Baio |
Cabana | 07/10 - 12:00 | Bértoa |
2ª División
Porteño | 07/10 - 11:00 | Leiloio |
Corcoesto | 07/10 - 11:00 | Camelle |
Cerqueda | 07/10 - 11:00 | Dep. Carballo |
Agualada | 07/10 - 11:00 | Buño |
Malpica | 07/10 - 11:00 | Corme |
Poniente | 07/10 - 11:00 | Laxe |
Sofán | 07/10 - 12:00 | At. Milagrosa |
Fútbol Sala Feminino
- Fisober Concello Vimianzo - Valdetires de Ferrol: sábado 6 de outubro ás 19:00 h no Pavillon Municipal de Vimianzo.
Tenis de mesa
- Sábado 6 ás 16:00h – Club del Mar Xuvenil – Anorthosis Vimianzo.
- 18:30h – Club del Mar Xuvenil – Concello de Zas Aquacenit.
Balonmán
1ª Estatal: Calvo Xiria - Bueu At.: Sábado 6 ás 18:00h no Pav. Zona Escolar de Carballo.
- 1ª Autonómica: At. Guardés - Bm. Camarilas: Domingo 7 ás 12:00h no na Sangriña.
- 1ª Autonómica Feminina: Seis do Nadal - C.B. Balonmán Encaixe: Sábado ás 18:15h no Pavillón de Coia, Vigo. As xogadoras camariñanas buscan dar continuidade á melloría amosada na última xornada, cando empataron co Caselas demostrando unha liña ascendente no seu xogo
Voleibol
Volve o volei con 5 equipos e coma novidade o xuvenil masculino estrea liga galega.
Este domingo no Pabillón municipal de Dumbria inagurase a tempada de volei con cinco partidos de Liga Galega.
- 10:30 Infantil masculino: Manuela Rial - Burgas Voley de Ourense.
- 11:30 Infantil femenino: Manuela Rial - Pinguela de Monforte.
- 12:00 Cadete masculino: Volei Dumbría - Burgas Voley de Ourense.
- 13:00 Cadete femenino: Volei Dumbría - Pinguela de Monforte.
- 13:30 Xuvenil masculino: Volei Dumbría - Burgas Voley de Ourense.
Máis información
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: O Dumbría, por riba do Deportivo.
- Xuvenís: Empate a 0.
- 3ª Autonómica: O Indepediente segue imbatido e o Baíñas xa sabe gañar.
- 2ª Autonómica: O Sofan queda só ao acecho de Corme e a escuadra muradá.
- 1ª Autonómica: Só o Malpica volve cos 3 puntos.
- Preferente: Doble e clara vitoria.
- Resultados do fútbol da Costa na última semana de setembro.
Artigos deportivos
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).