Axenda deportiva da última fin de semana de febreiro
Última fin de semana de febreiro e o deporte non para. Esta fin de semana, aínda que non todas as citas sexan na bisbarra, temos participantes en competicións de piragüismo, balonmán, volei, baloncesto, fútbol sala... E como non, fútbol.
Pero a fin de semana ten unha cita moi emotiva. A directiva do Club Deportivo Nantón realizará un acto de homenaxe ó recentemente falecido José Díaz este domingo 24 de febreiro.
Díaz foi un dos promotores da creación do CD Nantón. Sempre estivo vinculado ó equipo e nel desenvolveu numerosos e variados cargos: foi xogador, aínda que na etapa non federada; directivo; adestrador, logrando o primeiro título para as vitrinas do club na temporada 82-83 como Campión de Liga en terceira.
O acto terá lugar antes do inicio do partido que enfrontará ó Nantón co Xaviña.
A Previa
E, tras botar un ollo ao parte de sancións, comezamos a Previa da Xornada pola Preferente, na que os nosos teñen unha oportunidade de volver ao carro de arriba. O Dumbría non pode fallar co Taboada e o Xallas de Santa Comba ten que vencer si ou si ao Laracha, que o supera en 2 puntos. Ambos esperán que o Soneira evite a vitoria do Grixoa, que saca xa 14 puntos a xalleiros e 15 a dumbrieses.
Na 1ª Autonómica, nova xornada de vida ou morte para os nosos. Se o Malpica segue ao seu na zona alta e desta volta recibe ao líder, que podería quedar a 8 dos de Baña, os 3 de abaixo necesitan sumar. O Fisterra, o máis desafogado, recibe o sábado ao Unión, ao que pode superar e seguir escadando. Mentres o Camariñas e Ponteceso terán saídas moi complicadas: os de Berto terán que visitar a un gran Bertamiráns B mentres que aos de Nacho tócalle viaxar a Amio, que está con só 5 puntos máis.
Na 2ª Autonómica, os partidos máis importantes serán pola zona baixa. Vital se presenta o Outes-Montelouro, sobre todo para os loureáns, que de caer na Serra quedarían moi descolgados na penúltima posición. Ademais, O Mazaricos visita o Novo Cubaleiro ante un Corcubión en alza, e o Cabana recibe a un Corme irregular. Por arriba, o lídere, a Esteirana, enfróntase a un deshauciado pechacancelas, o Baio visita Verdillo e o Cee recibe a un Muros en bo momento.
Importante esta xornada 24 na loita por entrar entre os 6 primeiros na 3ª Autonómica. Soneira B e Cerqueda son os que mellor o teñen, lonxe do trío de cabeza, pero terán que defender esa posición privilexiada ante dous aspirantes: Laxe e Ameixenda, que chegan precisamente 7º e 6º. Ademais, o Muxía non pode falar ante o pechacancelas Castrelo, e o Baíñas recibe a un Corcoesto que tampouco anda sobrado. O Lira, aínda tamén con algunha opción, terá en fronte a un dos de arriba, o Independiente Carballo, que non pode fallar para evitar que o Camelle escape. I é que os camelláns suman xa os 3 puntos do Fisterra B e comezan a xornada con 6 puntos de vantaxe sobre carballeses e 9 sobre o Porteño, pero con dous partidos máis. Necesita o Porteño romper a mala racha e recibirá ao Alcaián.
Nos xuvenís, o Cabana pode dar un paso de xigante para asegurar unha das dúas prazas para a Fase de Ascenso á Liga Galega se vence ao Fisterra. Ademais, o XSC visita Pedra Queimada para enfrontarse a un Malpica ao que se enfrontaba hai semana e media. No outro partido, O Dumbría non pode fallar ante un desquiciado Ponteceso se non quere dicir adeus.
Na Copa, veremos un interesante Outes-Baio, entre os dous mellores do Gr.1, e un Mazaricos-Soneira, clave para evitar a última praza no Gr.2.
Xornada futboleira
Preferente, xornada 26
Dumbría | 24/02 - 16:00 | Taboada |
Soneira | 24/02 - 16:30 | Grixoa |
Xallas StComba | 24/02 - 16:30 | Laracha |
1ª Autonómica, xornada 24
Fisterra | 23/02 - 17:00 | Unión |
Amio | 24/02 - 16:00 | Ponteceso |
Bertamiráns B | 24/02 - 17:00 | Camariñas |
Malpica | 24/02 - 17:00 | Estudiantil |
2ª Autonómica, xornada 24
Cabana | 23/02 - 18:00 | Corme |
San Lorenzo | 24/02 - 16:15 | Baio |
Cee | 24/02 - 16:15 | Muros |
Corcubión | 24/02 - 16:15 | Mazaricos |
Volantes | 24/02 - 16:30 | Sofán |
Buño | 24/02 - 17:00 | Zas |
Outes | 24/02 - 17:00 | Montelouro |
Castriz | 24/02 - 17:30 | Carnota |
Dumbría B | 24/02 - 18:00 | Esteirana |
3ª Autonómica, xornada 24
Soneira B | 23/02 - 16:00 | Laxe |
Ameixenda | 23/02 - 17:00 | Cerqueda |
Castrelo | 23/02 - 18:15 | Muxía |
Lira | 24/02 - 16:15 | Indep. Carballo |
Baíñas | 24/02 - 16:15 | Corcoesto |
Nantón | 24/02 - 16:15 | Xaviña |
Porteño | 24/02 - 16:15 | Alcaián |
- Descansa Coristanco.
- Camelle-Fisterra B (0-2).
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6
Cabana | 23/02 - 16:00 | Fisterra |
Malpica | 23/02 - 16:15 | Xallas StComba |
Ponteceso | 23/02 - 16:15 | Dumbría |
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 6
Camariñas | 23/02 - 16:00 | Muros |
Outes | 23/02 - 16:00 | Baio |
Laxe | 23/02 - 16:00 | Muxía |
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 6
Corme | 23/02 - 11:30 | Cee |
Soneira | 23/02 - 12:00 | Mazaricos |
Esteirana | 24/02 - 16:15 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 23
Dumbría | 23/02 - 11:30 | S.de Compostela |
S.D. Compostela | 23/02 - 18:00 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 3
Bergantiños | 23/02 - 16:30 | Boiro |
Liga Galega Infantil, Playoff de Descenso, Norte B, xornada 3
Viveiro | 23/02 - 11:00 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 16
Muros | 23/02 - 10:30 | Cee |
Coristanco | 23/02 - 10:30 | Zas |
Muxía | 23/02 - 10:30 | Esteirana |
Cabana | 23/02 - 10:30 | Con. de Carnota |
Ponteceso | 23/02 - 11:00 | Fisterra |
Xallas StComba | 23/02 - 11:30 | Porteño |
Baio | 23/02 - 16:00 | Outes |
1ª Infantil, xornada 20
Vimianzo | 22/02 - 18:45 | Sofán |
Outes | 24/02 - 10:30 | Xallas StComba |
Cabana | 24/02 - 10:30 | Baio |
Ponteceso | 24/02 - 10:30 | Corme |
Fisterra | 24/02 - 11:00 | E.D. Os Miudos |
Esteirana | 24/02 - 11:30 | Cee |
Coristanco | 24/02 - 12:00 | Muxía |
- Descansa As Baleas.
Ligas de Veteranos, xornada 23
1ª División
Coristanco | 24/02 - 10:00 | Ponteceso |
San Román | 24/02 - 10:00 | Xv. Bergantiños |
Vimianzo | 24/02 - 11:00 | Bergantiños |
Camariñas | 24/02 - 11:00 | Baio |
Zas | 24/02 - 11:00 | Corcubión Vet. |
Nantón | 24/02 - 12:00 | Cabana |
Bértoa | 24/02 - 12:00 | Castriz |
San Lorenzo | 24/02 - 12:00 | Soneira |
2ª División
Camelle | 24/02 - 10:00 | Malpica |
At. Milagrosa | 24/02 - 10:00 | Laxe |
Leiloio | 24/02 - 11:00 | Cerqueda |
Corcoesto | 24/02 - 11:00 | Agualada |
Buño | 24/02 - 11:00 | Poniente |
Corme | 24/02 - 11:00 | Muros |
Porteño | 24/02 - 12:00 | Sofán |
Piragüismo
O CDM Piragüismo Dumbria se desplaza a Amarante para disputar esta competición internacional do XIX Slalom Internacional de O Fridao, unha singular competición incluida no Calendario Internacional da ICF e que se convertiu nun clásico para todos os clubes galegos e portugueses antes do inicio das competicións oficiais.
Trátase dun percorrido non demasiado complicado, pero os grandes bolos no cauce do río dan a posibilidade de unha gran variedade de trazados e maniobras de slalom, polo que sempre se aprende acudindo a esta competición.
Fútbol sala
2ª División Estatal:
- C.F. SALA BILBO – FISOBER F.S.F.: sábado, 23 de febrero de 2013 – 18:30 – POLID. SAN IGNACIO.
1ª Autonómica:
- Concello de Ponteceso F.S.F. – Esteirana: sábado 23/02/2013 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
- C.D. Mabegondo – Fisober F.S.F. “B”: sábado 23/02/2013 ás 20:00no Pabellon de San Marcos.
Balonmán
- 1ª Estatal: MECALIA AT. NOVAS - CALVO XIRIA: 23/02/2013 ás 19:00 no P.MPAL. DO ROSAL.
- 1ª Autonómica, polo Título: Granitos Ibéricos CARBALLAL - BM CAMARIÑAS: 23/02/2013 ás 18:30 no PAV.MCPAL.DE LOUREIRO.
Baloncesto
- Sénior feminino: FIXAGAL MARIA PITA - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE: echa:24-2 ás 19:00.
- Sénior masculino: FONTIÑAS - COSTA DA MORTE: 24-2 ás 12:00.
- Cadete masculino: ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑIA DE MARIA: 24-2 ás 19:00.
- Infantil feminino: ACB COSTA DA MORTE - BETANZOS 1999: 24-2 ás 17:00.
- Infantil masculino: ARTAI - ACB COSTA DA MORTE: 23-2 ás 10:00.
- Minibasket Alevín feminino: CORETI ETIQUETAS ´B´ - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 23-2 ás 11:00.
- Minibasket Alevín masculino: ARTAI - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 23-2 ás 11:00.
Volei
Este sabado en Dumbría 3 encontros:
- 10:00 h Infantil masculino Manuela Rial – Santa Mª del Mar.
- 11:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbria – Santa Mª del Mar.
- 12:30 h Cadete femenino Voleibol Dumbria – Zalaeta.
Tenis de mesa
Este venres xógase o encontro aprazado no seu día entre Concello de Zas Aquacenit e Club del Mar de A Coruña, será no ximnasio do CPI de Zas a partires das 18’00 h.
Nas vindeiras fin de semana non haberá liga, esta reanúdase o 9 de marzo.
Máis información
Crónicas da semana
- O Muros sofre un duro parte de sancións.
- Repasando a actualidade de cadetes e infantís.
- Xuvenís: Aprétase a cousa por arriba e por abaixo.
- 3ª Autonómica: O Camelle asalta o liderato e a loita pola promoción aprétase.
- 2ª Autonómica: O Cee fréase en Mazaricos e o Montelouro afúndese ante o líder.
- 1ª Autonómica: O Fisterra suma a costa do Ponteceso.
- Preferente: O XSC recupera as boas sensancións e o Soneira as malas arbitraxes.
- Resultados e análise da xornada de Enterros da fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Héctor Pose: Os imprescindibles.
- Alberto Pose: Da inmensa cobertura informativa do #futboldacosta.
- Anxo GarridoVídeoentrevista de Anxo Garrido co míster do Bergantiños Javier Lavandeira.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).