Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Aquacénit deixouse en Noia as poucas opcións de ascenso que lle quedan ao Anorthosis

O Aquacénit deixouse en Noia as poucas opcións de ascenso que lle quedan ao Anorthosis
Anorthosis e Aquacenit empatan na taboa

Tropezón en Noia dos equipos soneiráns de tenis de mesa contra un equipo compacto e ante o que se pagaron a falta de concentración e pequenos despistes. Caeron tanto o Anorthosis Vimianzo coma o Concello de Zas Aquacenit pola mínima, i é que os novos rapaces de Noia están en camiño ascendente e os nosos non estiveron ao 100%,.

Agora para o Anorthosis queda gañalo todo e conseguirá igual o ascenso. Para o Aquacenit esas opcións, se é que tiña algunhas, deixounas en Noia.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Liceo Noia "B" - Anorthosis Vimianzo (4-3) // (17-16).
  • Resultado: Liceo Noia "B" - Concello de Zas Aquacenit (4-3) // (16-15).

As claves da vitoria foron os partidos de dobres onde dous cadetes, que levan toda esta temporada xogando xuntos, superaron aos nosos sobre todo en concentración. Salvo algunha excepción, a maioria dos partidos foron moi igualados e longos, chega con ver o número de sets, ademais de que comezaron a xogar as 4 da tarde e as 9 da noite aínda non rematara o último partido.

3ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Gaiteiro (3-4).
  • Resultado: Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Pinar (3-4).

A alegría veu polos de 3ª que gañaron os dous encontros en Oleiros. A ver se sigue a racha e nos dan a alegría dun ascenso.

Vindeiras citas

Este venres xógase o encontro aprazado no seu día entre Concello de Zas Aquacenit e Club del Mar de A Coruña, será no ximnasio do CPI de Zas a partires das 18'00 h.

Nas vindeiros fin de semana non haberá liga, esta reanúdase o 9 de marzo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios